Detido por asasinato ao atropelar a un peón en Bertamiráns | Aumento de prezos hoteleiros pola eclipse | A falta de chuvia estraga a colleita de millo
06/08/2026 00:10:01Investigado como presunto asasinato o atropelo mortal ocorrido nun paso de peóns en Bertamiráns. A Garda Civil detivo ao condutor ao considerar que, embestíu intencionadamente á vítima | A deste ano podería ser a peor colleita de millo na última década en Galicia. Queda un mes para o ensilado e a sequidade do clima representa unha ameaza para o cultivo | Falta xa menos dunha semana para a eclipse total que atraerá a milleiros de visitantes a Galicia como lugar privilexiado para a súa observación. Na Coruña, hai semanas que as reservas en restaurantes e hoteis están case ao completo. A patronal pide negociar para desconvocar a folga da hostelería para ese día | Galicia gaña máis de 15.000 habitantes no último ano pola chegada de migrantes. A poboación total acada a cifra de 2 millóns 730.000 habitantes | En Tui un ano máis a súa catedral acolle o festival Musica no Claustro, unha iniciativa con 20 anos de historia. 06-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado