Accidente mortal cun condutor á fuga en Vilagarcía | S. Andrés de Teixido, miradoiro privilexiado para a eclipse | Tapa de polbo record no Carballiño
05/08/2026 00:10:02A Garda civil investiga a un home de 25 anos, como presunto autor dun delito de homicidio imprudente e outro de abandono do lugar do accidente, trala colisión mortal ocorrida en Vilagarcía, a primeira hora da mañá | A Policía portuguesa investiga a aparición, en Caminha, dun camión de matrícula española semiafundido no Río Miño, co que se sospeita, é unha lancha empregada para o narcotráfico no seu interior. A embarcación, de doce metros de eslora e tres motores de gran potencia, ten un valor superior aos 400.000 euros | Comenza a conta atrás para a eclipse solar, que será xusto dentro dunha semana. Entre os mellores lugares para contemplalo hai algúns puntos que xa contan con seu propio atractivo turístico, especialmente nestas datas, como é a localidade de San Andrés de Teixido | No Carballiño, 30 cortadores de polbo para elaborar unha tapa xigante con 610 kilos de cefalópodo. Un novo récord que supera en dez quilos o do ano pasado. 05-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado