Detido por asasinato ao atropelar a un peón en Bertamiráns | Aumento de prezos hoteleiros pola eclipse | A falta de chuvia estraga a colleita de millo
06/08/2026 00:24:49Investigado como presunto asasinato o atropelo mortal ocorrido nun paso de peóns en Bertamiráns esta madrugada. A Garda Civil detivo ao condutor que, sospeita, embestíu intencionadamente á vítima, un home de 30 anos co que acababa de manter unha forte discusión na vía pública | A menos dunha semana para a eclipse, a alta demanda provoca aumento de prezos dos aloxamentos turísticos. Na Coruña os hoteis están un 15% máis caros. E Ofértanse apartamentos e casas por ata 1.000 euros para esa noite. Os restaurantes cas mellores vistas xa non admiten máis reservas. O sector confía en que se chege a desconvocar a folga prevista para esa data | Os produtores de millo advirten de que a colleita deste ano podería ser a peor da última década pola escaseza de precipitacións e a intensa calor. Preocupa tamén o efecto no sector gandeiro pola escaseza dun alimento básico para o vacún | Mil cincocentos deportistas de 30 países participarán nas distintas probas de skate ou bmx, do Marisquiño, o festival que dende hoxe ata o domingo converte a Vigo na capital do deporte e da música urbana. 06-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado