Accidente mortal cun condutor á fuga en Vilagarcía | S. Andrés de Teixido, miradoiro privilexiado para a eclipse | Tapa de polbo record no Carballiño
05/08/2026 00:25:01Morre un condutor, de 39 anos, nun violento choque frontal en Vilagarcía. Ocorreu a primeira hora da mañá. A Garda Civil busca ao outro condutor implicado, que fuxíu do lugar | Investigan a aparición dun camión de matrícula española semiafundido na beira portuguesa do Río Miño, co que se sospeita e unha lancha emregada para o narcotráfico no seu interior. A embarcación, de doce metros de eslora e tres motores de gran potencia, ten un valor superior aos 400.000 euros | Comenza a conta atrás para a eclipse solar, que será xusto dentro dunha semana. Entre os mellores lugares para contemplalo hai algúns puntos que xa contan con seu propio atractivo turístico, especialmente nestas datas, como é a localidade de San Andrés de Teixido | No Carballiño, 30 cortadores de polbo para elaborar unha tapa xigante con 610 kilos de cefalópodo. Un novo récord que supera en dez quilos o do ano pasado. Un evento desfrutado por centos de comensais, e que serve como presentación da Feira do Polbo que se celebra este domingo na localidade ourensá. 05-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado