Chuvia durante a mañá na fachada atlántica e en zonas altas. Pola tarde apertura dalgúns claros e chuvascos ocasionais máis probables na metade norte. As temperaturas algo máis baixas, con máximas entre 24 a 28 graos. Mañá recupérase progresivamente a influencia do anticiclón. 04-08-2026
A Seguridade Social gaña case 13.000 afiliados máis na nosa comunidade no mes de xullo, e acada un novo máximo histórico | Hai vinte anos comezaba en Cotobade un dos peores incendios da historia en Galicia. O lume cobrouse catro vítimas mortais e arderon máis de 90 mil hectáreas | Galicia rexistrou 129 falecementos vinculados ás altas temperaturas durante o mes de xullo, segundo as estimacións do Sistema de Monitorización do Instituto Carlos III | O Deportivo da Coruña conta con recuperar a Angeliño, 13 anos despois da sua marcha. 04-08-2026
O paro rexistrado sobe en algo máis de 1.500 persoas en Galicia, no mes de xullo. É un aumento considerado atípico nesta época do ano. Ainda así, a taxa de desemprego é a máis baixa dende 2009. A Seguridade Social gaña case 13.000 afiliados máis na nosa comunidade e acada un novo máximo histórico de 1.130.000 | Hoxe cúmprense vinte anos do comenzo da vaga de incendios forestais que se convertiría nunha das maiores catástrofes ecolóxicas de Galicia. O lume cobrouse catro vítimas mortais e chegou a arrasar un 10 por cento da superficie da provincia de Pontevedra | Galicia rexistrou 129 falecementos vinculados ás altas temperaturas durante o mes de xullo, segundo as estimacións do Sistema de Monitorización do Instituto Carlos III. A cifra sitúa a nosa comunidade como a sexta con maior mortalidade atribuíble á calor | O Celta fai oficial a fichaxe de Abdoulaye Faye. O Deportivo da Coruña conta con recuperar a Angeliño, 13 anos despois da sua marcha. 04-08-2026
Un traballo xornalístico no que o autor conta a vida de xente que sofre deste sentimento.
Persoas que quixeron compartir a soidade co escritor.
A xente maior do rural ou aquela que está nas residencias e, tamén, a soidade na xuventude.
Ademáis, o libro, recolle experiencias que tentan axudar fronte a este sentimento.
Dende Ribadeo ata A Guarda, Galicia xa está conectada por unha ruta de máis de 1.300 quilómetros a través da costa. É o Camiño do Litoral, 52 etapas para percorrer a nosa comunidade, a que ten máis quilómetros de costa de España. Hoxe comezaron a instalarse en Soutomaior as primeiras sinais para informar das rutas.
Galicia encara a primeira semana de agosto cun tempo moito máis levadío que o resto da Península. Sen calor extrema á vista, as previsións falan de máis humidade e tempo cambiante con algunhas chuvias febles ata mañá e tamén cara aos últimos días da semana.
Galicia encara a primeira semana de agosto cun tempo moito máis levadío que o resto da Península. Sen calor extrema á vista, as previsións falan de máis humidade e tempo cambiante con algunhas chuvias febles ata mañá | Santiago e Ferrol súmanse aos concellos que xa tomaron medidas contra a seca. Cun verán sen apenas precipitacións, dende a Xunta insisten aos cidadáns en que non se malgaste a auga | Dende Ribadeo ata A Guarda, Galicia xa está conectada por unha ruta de máis de 1.300 quilómetros a través da costa. É o Camiño do Litoral, 52 etapas para percorrer a nosa comunidade, a que ten máis quilómetros de costa de España | Tres persoas continúan hospitalizadas no CHUAC tralo incendio nun piso da Coruña na madrugada do domingo. Dúas están na unidade de queimados e outra permanece en planta por inhalación de fume. Investígase se a orixe do lume puido estar nun patinete eléctrico. 03-08-2026
Agosto principia cos cambios no tempo. Galicia amenceu con algúns orballos nas provincias da Coruña e Lugo. Chuvias nocturnas que poden volver agora pola tarde con chuvascos probables en calquera punto da comunidade. As temperaturas seguirán en valores moi agradables con máximas ao redor dos 25 a 30 graos. 03-08-2026
Galicia encara a primeira semana de agosto cun tempo moito máis levadío que o resto da Península | O Camiño do Litoral, unha ruta de máis de mil quilómetros entre Ribadeo e A Guarda, promovido pola Xunta, está xa dispoñible. Hoxe instaláronse os primeiros sinais | Tres persoas continúan hospitalizadas no CHUAC tralo incendio nun piso da Coruña na madrugada do domingo | A pianista santiaguesa Isabel Dobarro é un dos grandes nomes nos cursos de verán 'Música en Compostela' que terán lugar ao longo da semana. 03-08-2026
O Camiño do Litoral, unha ruta de máis de mil quilómetros entre Ribadeo e A Guarda, promovida pola Xunta, está xa dispoñible. Hoxe instaláronse os primeiros sinais para informar das 52 etapas que compoñen un percorrido, que podería durar ata dous meses se se realiza integramente a pé | A Xunta aproba, na última xuntanza do Consello antes das vacacións, axudas para galegos que viran afectadas as súas vivendas en Venezuela polos terremotos do pasado mes de xuño | Continúan hospitalizadas tres das once persoas que resultaron feridas no incendio declarado nunha vivenda dun edificio de oito andares da Coruña. As primeiras hipóteses apuntan a un posible fallo nun patinete eléctrico | Foi a primeira muller galega en obter un Grammy Latino, polo seu álbum Kaleidoscop en 2025. A pianista Isabel Dobarro prepara o lanzamento dunha segunda parte e fala de novos proxectos, de volta na súa cidade natal para participar nos cursos de verán de 'Música en Compostela'. 03-08-2026
A ría de Vigo estrea unha das súas propostas máis singulares. Chámase Atlántida e permite observar a vida mariña desde varios metros baixo a superficie da auga. Un visor submarino único que demostra que a actividade portuaria e a recuperación ambiental poden ir da man.
Cada galego consumiu de media durante o ano pasado case 600 quilos de alimentos no fogar que lle custaron 1.970 euros. Galicia é das comunidades con maior consumo e gasto en alimentación. As cifras aumentan ano a ano, a pesar de que as familias aproveitan cada vez máis as ofertas, comparan prezos e buscan alternativas para tentar aforrar.
Na madrugada do 2 de agosto de 1976 falecía nun accidente de tráfico cando regresaba a Madrid logo de actuar en Vigo.
Cecilia era unha das artistas con máis éxito do momento.
Aínda que naceu en Madrid tiña raíces galegas.
Manuel Orío estivo no derradeiro concerto de Cecilia, na sala Nova Olimpia de Vigo.
É posible que sexa unha das últimas persoas que estiveron coa artista.
Aprobouse nun consello de ministros presidido polo rei Xoán Carlos e celebrado na Coruña, aproveitando a primeira visita institucional a Galicia dos monarcas.
A medida beneficiou a tódolos presos condenados por delitos políticos ou de opinión excepto integrantes de grupos terroristas.
Outra excepción foi a dos membros da Unión Militar Democrática xa que non puideron reintegrarse no exército.
Remata xullo e esta fin de semana comezan as vacacións os que elixen agosto para descansar. Segue sendo o mes de lecer preferido para a maioría. Os destinos turísticos teñen as reservas case ao completo | Aos que usen o coche nas vacacións, vailles saír un pouco máis caro. Os carburantes encarecéronse un 15 por cento no mes de xullo e a partir de mañá volverán subir de prezo | En San Amaro, en Ourense, reabre único mosteiro budista de Galicia, que foi destruído por un incendio a comezos de 2024 | Xa está en marcha unha das festas do viño máis importantes de Galicia. Cambados celebra ata o domingo a súa Festa do Albariño. 31-07-2026
Despedimos o mes de xullo cunha fronte xa desfeita rozando o Cantábrico. Temos aire fresco e chuvascos no norte de Galicia. As temperaturas baixan un chisquiño máis. Os termómetros estarán por debaixo dos trinta graos en toda a comunidade agás en Ourense, onde poderían chegar aos trinta e tres. Durante a fin de semana, tempo cambiante: con nubes pola mañá e sol pola tarde. 31-07-2026
Remata xullo e esta fin de semana comezan as vacacións os que elixen agosto para descansar. Os destinos turísticos teñen as reservas case ao completo | Os carburantes encarecéronse un 15 por cento no mes de xullo e a partir de mañá volverán subir de prezo | En San Amaro, en Ourense, reabre único mosteiro budista de Galicia, que foi destruído por un incendio a comezos de 2024 | Xa está en marcha unha das festas do viño máis importantes de Galicia. Cambados celebra ata o domingo a súa Festa do Albariño. 31-07-2026
Remata xullo e esta fin de semana comezan as vacacións os que elixen agosto para descansar. Segue sendo o mes de lecer preferido para a maioría. Os destinos turísticos teñen as reservas case ao completo | Aos que usen o coche nas vacacións, vailles saír un pouco máis caro. Os carburantes encarecéronse un 15 por cento no mes de xullo e a partir de mañá volverán subir de prezo | En San Amaro, en Ourense, reabre único mosteiro budista de Galicia, que foi destruído por un incendio a comezos de 2024. A restauración custou máis de setecentos mil euros | Xa está en marcha unha das festas do viño máis importantes de Galicia. Cambados celebra ata o domingo a súa Festa do Albariño, chea de actividades, sempre co viño como protagonista. 31-07-2026
Os sindicatos UGT, CCOO e CIG denuncian que os salarios están conxelados dende hai ano e medio e os empresarios queren eliminar o complemento do 100% durante as baixas laborais. A patronal acusa ós sindicatos de levantar da mesa de negociación, e aseguran que están abertos ao diálogo. Patricia Liste e Carlos Purriños
Por razóns de seguridade ou protección patrimonial, trinta zonas de Galicia non son aptas para desfrutar do fenómeno astronómico este 12 de agosto. Son lugares propostos polos concellos á Xunta e á delegación do Goberno. As razóns principais están na falta de servizos, pouca accesibilidade, complicación de evacuación ou por tratarse de contornas protexidas.