gal tx
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 03-08-2026

Camiño do Litoral, con máis de mil quilómetros | Axudas para galegos afectados polos terremotos | Tres hospitalizados polo incendio na Coruña

03/08/2026 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 03-08-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 03-08-2026
Telexornal Galicia 03-08-2026 00:25:01 03/08/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

O Camiño do Litoral, unha ruta de máis de mil quilómetros entre Ribadeo e A Guarda, promovida pola Xunta, está xa dispoñible. Hoxe instaláronse os primeiros sinais para informar das 52 etapas que compoñen un percorrido, que podería durar ata dous meses se se realiza integramente a pé | A Xunta aproba, na última xuntanza do Consello antes das vacacións, axudas para galegos que viran afectadas as súas vivendas en Venezuela polos terremotos do pasado mes de xuño | Continúan hospitalizadas tres das once persoas que resultaron feridas no incendio declarado nunha vivenda dun edificio de oito andares da Coruña. As primeiras hipóteses apuntan a un posible fallo nun patinete eléctrico | Foi a primeira muller galega en obter un Grammy Latino, polo seu álbum Kaleidoscop en 2025. A pianista Isabel Dobarro prepara o lanzamento dunha segunda parte e fala de novos proxectos, de volta na súa cidade natal para participar nos cursos de verán de 'Música en Compostela'. 03-08-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado