Record de afiliacións a Seguridade Social en xullo | 20 anos do gran incendio de Cotobade | 129 falecementos atribuídos ao calor nuo último mes
04/08/2026 00:25:02O paro rexistrado sobe en algo máis de 1.500 persoas en Galicia, no mes de xullo. É un aumento considerado atípico nesta época do ano. Ainda así, a taxa de desemprego é a máis baixa dende 2009. A Seguridade Social gaña case 13.000 afiliados máis na nosa comunidade e acada un novo máximo histórico de 1.130.000 | Hoxe cúmprense vinte anos do comenzo da vaga de incendios forestais que se convertiría nunha das maiores catástrofes ecolóxicas de Galicia. O lume cobrouse catro vítimas mortais e chegou a arrasar un 10 por cento da superficie da provincia de Pontevedra | Galicia rexistrou 129 falecementos vinculados ás altas temperaturas durante o mes de xullo, segundo as estimacións do Sistema de Monitorización do Instituto Carlos III. A cifra sitúa a nosa comunidade como a sexta con maior mortalidade atribuíble á calor | O Celta fai oficial a fichaxe de Abdoulaye Faye. O Deportivo da Coruña conta con recuperar a Angeliño, 13 anos despois da sua marcha. 04-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado