Volve o tempo máis húmido con previsión de chuvia | Camiño do Litoral, con máis de mil quilómetros | Tres hospitalizados polo incendio na Coruña
03/08/2026 00:10:03Galicia encara a primeira semana de agosto cun tempo moito máis levadío que o resto da Península. Sen calor extrema á vista, as previsións falan de máis humidade e tempo cambiante con algunhas chuvias febles ata mañá | Santiago e Ferrol súmanse aos concellos que xa tomaron medidas contra a seca. Cun verán sen apenas precipitacións, dende a Xunta insisten aos cidadáns en que non se malgaste a auga | Dende Ribadeo ata A Guarda, Galicia xa está conectada por unha ruta de máis de 1.300 quilómetros a través da costa. É o Camiño do Litoral, 52 etapas para percorrer a nosa comunidade, a que ten máis quilómetros de costa de España | Tres persoas continúan hospitalizadas no CHUAC tralo incendio nun piso da Coruña na madrugada do domingo. Dúas están na unidade de queimados e outra permanece en planta por inhalación de fume. Investígase se a orixe do lume puido estar nun patinete eléctrico. 03-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado