Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os prezos dos alimentos e a electricidade volven subir en agosto e manteñen a inflación por riba do dez por cento // Un bombeiro en prácticas faleceu esta mañá en Santiago, atropelado por un autobús que se estaba queimando // A auga acumulada nos encoros galegos está agora algo por debaixo do 50 por cento da súa capacidade // Siniestro Total despediuse dos escenarios despois de 40 anos, pero os seus membros continúan activos. 30-08-2022

Acaba agosto e chega o final das vacacións para gran parte dos traballadores. É tamén o remate da temporada alta para o turismo, que este ano está a ser de récord // A oferta dos pisos que se alugan para compartir reduciuse un 45 por cento no último ano // Confrarías e asociacións de mariscadoras compaxinan o seu traballo coa divulgación entre os turistas // A fin de semana deixa as primeiras vitorias da tempada dos equipos galegos do fútbol profesional. 29-08-2022

Ceos nubrados e descenso das temperaturas. As nubes poderán deixar algún chuvasco illado en zonas montañosas da metade oriental. Brétemas e néboas matinais que foron despexando pouco a pouco. En canto as temperaturas, Ourense será a única que supere os 30 graos. O resto, moveranse entre os 22 graos de máxima da Coruña, e os 27 de Lugo. 29-08-2022

Acaba agosto e chega o final das vacacións para gran parte dos traballadores // Confrarías e asociacións de mariscadoras compaxinan o seu traballo coa divulgación entre os turistas // A oferta dos pisos que se alugan para compartir reduciuse un 45 por cento no último ano // A fin de semana deixa as primeiras vitorias da tempada dos equipos galegos do fútbol profesional. 29-08-2022

Acaba agosto e chega o final das vacacións para gran parte dos traballadores. É tamén o remate da temporada alta para o turismo, que este ano está a ser de récord // Confrarías e asociacións de mariscadoras compaxinan o seu traballo coa divulgación entre os turistas das características da súa actividade e da importancia de coidar os recursos // A oferta dos pisos que se alugan para compartir, unha opción habitual entre os estudantes e os profesionais novos, reduciuse un 45 por cento no último ano // A fin de semana deixa as primeiras vitorias da tempada dos equipos galegos do fútbol profesional. 29-08-2022

Os usuarios habituais dos trens entre A Coruña e Vigo piden que se reforce o servizo ante a masiva demanda dos abonos para viaxar gratis // Uns 3.000 peregrinos están chegando cada día a Compostela, o que anticipa un ano de afluencia récord nos Camiños de Santiago // Máis do 75 por cento das excedencias que se piden en Galicia para atender nenos ou maiores son solicitadas por mulleres. Unha situación que para a Secretaria de Estado de Igualdade hai que reverter // Tras dous anos de restricións, volve ao grande o Festival da Luz. 26-08-2022

Día nubrado dende primeira hora no norte. As nubes entenderanse cara o sur pola tarde, podendo deixar algunha precipitación illada en zonas de montaña. Temperaturas algo máis altas en Pontevedra e Ourense, con 32 graos de máxima, polos 24 da Coruña e Lugo. Os ventos soprarán do nordés. 26-08-2022

Os usuarios habituais dos trens entre A Coruña e Vigo piden que se reforce o servizo ante a demanda dos abonos para viaxar gratis // Uns 3.000 peregrinos están chegando cada día a Compostela, o que anticipa un ano de afluencia récord nos Camiños de Santiago // O Celta busca esta noite en Girona a primeira vitoria da tempada // Tras dous anos de restricións, volve ao grande o Festival da Luz. 26-08-2022

Os usuarios habituais dos trens entre A Coruña e Vigo piden que se reforce o servizo ante a masiva demanda dos abonos para viaxar gratis // Uns 3.000 peregrinos están chegando cada día a Compostela, o que anticipa un ano de afluencia récord nos Camiños de Santiago // O Celta busca esta noite en Girona a primeira vitoria da tempada. O Lugo vai recibir ao Leganés mañá no Anxo Carro // Tras dous anos de restricións, volve ao grande o Festival da Luz, en Boimorto. 26-08-2022

Límites na calefacción e no aire acondicionado, apagado de escaparates ás dez... Medidas de aforro enerxético xa en vigor, que hoxe se validan no Congreso // Galicia vese afectada por unha das peores secas nos últimos anos, o que levou a moitos concellos a restrinxir o consumo de auga para garantir o abastecemento // En Santiago hai case 700 pisos turísticos á marxe da normativa municipal. Os propietarios consideran que son legais. 25-08-2022

Límites na calefacción e no aire acondicionado, apagado de escaparates ás dez... Medidas de aforro enerxético xa en vigor, que hoxe se validan no Congreso // Vigo deixará de usar auga dun dos encoros dos que se fornece para que teñan máis os concellos de Nigrán Día nubrado en toda a comunidade, con pequenos chuvascos, máis probables no norte e interior. As temperaturas descenden e só Ourense chegará os 30 graos de máxima. A excepción a todo isto, na zona das rias baixas, onde os ceos irán despexando pola tarde. 25-08-2022

Límites na calefacción e no aire acondicionado, apagado de escaparates ás dez... Medidas de aforro enerxético xa en vigor, que hoxe se validan no Congreso // Vigo deixará de usar auga dun dos encoros dos que se fornece para que teñan máis os concellos de Nigrán e Baiona // En Santiago hai case 700 pisos turísticos á marxe da normativa municipal // Un carillón de 63 campás de bronce que se percuten cos puños e os pés. É un dos concertos do festival IKFEM. 25-08-2022

Límites na calefacción e no aire acondicionado, apagado de escaparates ás dez... Medidas de aforro enerxético xa en vigor, que hoxe se validan no Congreso // Vigo deixará de usar auga dun dos encoros dos que se fornece para que teñan máis os concellos de Nigrán e Baiona, en prealerta pola seca // En Santiago hai case 700 pisos turísticos á marxe da normativa municipal. Os propietarios consideran que son legais // Un carillón de 63 campás de bronce que se percuten cos puños e os pés. É un dos concertos do festival IKFEM, que se celebra entre Tui e Valença do Miño. 25-08-2022

Xa se poden obter os abonos de Renfe que permitirán viaxar gratis nos trens de media distancia de Galicia // Galicia recibiu en xullo algo máis de 600.000 turistas, cunha ocupación media dos aloxamentos do 57 por cento // 184 nenos saharauís están pasado este verán en Galicia co programa ‘Vacacións en Paz’. 24-08-2022

Ceos nubrados e brétemas matinais especialmente nas zonas norte e interior. Pola tarde, esas nubes medrarán e deixaran chuvascos e treboadas fortes máis probables na metade sur de Lugo e na provincia de Ourense. Tamén choverá, aínda que de maneira máis feble, no norte de Lugo e A Coruña. En canto as temperaturas, baixan lixeiramente. 24-08-2022

Galicia recibiu en xullo algo máis de 600.000 turistas, cunha ocupación media dos aloxamentos do 57 por cento // Xa se poden obter os abonos de Renfe que permitirán viaxar gratis nos trens de media distancia de Galicia // 184 nenos saharauís están pasado este verán en Galicia // Visitamos unha das xoias da arte rupestre de Europa. O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. 24-08-2022

Galicia recibiu en xullo algo máis de 600.000 turistas, cunha ocupación media dos aloxamentos do 57 por cento // Xa se poden obter os abonos de Renfe que permitirán viaxar gratis nos trens de media distancia de Galicia desde setembro a fin de ano // 184 nenos saharauís están pasado este verán en Galicia. Forman parte de "Vacacións en Paz", un programa solidario que lles permite aos pequenos pasar uns meses con familias de acollida // Visitamos unha das xoias da arte rupestre de Europa. O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro alberga 80 petróglifos realizados entre o ano 2000 e o 700 antes de cristo. 24-08-2022

A Xunta da por estabilizados os incendios que onte á tarde ameazaron os veciños de Meira, en Moaña e de varias aldeas de Ponteareas // A cúpula da igrexa de Reboreda, en Redondela, que un raio derrubou en marzo, agarda reconstruída no chan do atrio a súa volta ao alto da torre. 23-08-2022

Continua aumentando lixeiramente a calor. En case toda Galicia supéranse os 30 graos, sendo Ourense onde se marcará a temperatura máis alta con ata 37 graos. A excepción será nalgunhas zonas do norte, como A Coruña e Ferrol, onde persisten os bancos de néboa matinais que mesmo poderían deixar algunha precipitación moi débil. 23-08-2022

A Xunta da por estabilizados os incendios de Meira, en Moaña, e de Ponteareas // Ante a situación de seca prolongada, os concellos insisten na necesidade de facer un uso responsable da auga // A inflación e o encarecemento de materias primas disparan a factura do inicio do curso escolar // A cúpula da igrexa de Reboreda, en Redondela, agarda reconstruída no chan do atrio a súa volta ao alto da torre. 23-08-2022