Peches en grandes franquicias pola folga de traballadores do comercio téxtil e do calzado convocada pola CIG con apoio de UGT. Unha folga coa que reclaman que a negociación para renovar os convenios se faga a nivel provincial. Consideran que lles prexudicará a aplicación dun convenio estatal que están a negociar o resto de sindicatos cos empresarios do sector.
Sonia García Durán, subcampioa de España no concurso para elixir aos mellores camareiros do país. Ela foi a mellor preparando café e un cóctel. Formada na Escola de Hostalería de Santiago esta moza de 24 anos aspira a converterse en mestra de futuros camareiros. De momento traballa nunha céntrica cafetería de Santiago onde lle gusta servir novos cócteles que vai inventando.
O téxtil sae de novo á rúa para protestar contra o convenio preasinado en Madrid, polo que acusan ás grandes empresas de querer precarizar aos seus cadros de persoal. O convenio actual, negociado en Galicia, está caducado desde decembro de 2025 | O Consello da Xunta acorda a renovación do investimento no servizo Eures para para faciliatar os trámites legais e a movilidadade de traballadores a ambos lados da fronteira con Portugal. Tamén, a liña cuántica entre Santiago e Vigo exténdese ata Valença de Miño para maximizar a seguridade de datos | O arquivo da Catedral de Santiago estrea páxina web. Dende hoxe se poden consultar os máis de 80.000 documentos do seu catálogo en liña. Logo de casi un ano de traballo | Por terceiro ano consecutivo, Pontevedra acollerá a entrega dos galardóns que concede a Asociación de Informadores Cinematográfico. A gala celebraráse o 23 de xaneiro de 2027. 11-05-2026
A semana comeza con poucos cambios. As baixas presións continuarán ao oeste, deixando un día de ceos nubrados con chuvascos, máis xeneralizados pola tarde, cando serán localmente treboentos. As temperaturas máximas ascenden lixeiramente entre os 18 graos en Santiago e os 20 en Ourense. 11-05-2026
Establecementos pechados pola folga de traballadores do comercio téxtil e do calzado, convocada pola CIG, co apoio de UGT | Cumpre corentena o ornitólogo de Cariño, nun Hospital de Madrid, xunto cos demáis españois evacuados do cruceiro afectado polo hantavirus| A Xunta renova o investimento para facilitar a movilidadade de traballadores transfronteirizos | Por terceiro ano consecutivo, Pontevedra acollerá a entrega dos Premios Feroz que concede a Asociación de Informadores Cinematográficos. 11-05-2026
Establecementos das grandes franquicias, pechados pola folga de traballadores do comercio téxtil e do calzado, convocada pola CIG, co apoio de UGT. Piden a renovación dos convenios provinciais, en lugar do que a patronal está a negociar a nivel estatal cos outros sindicatos | Xa está a cumprir corentena o ornitólogo de Cariño Ricardo Hevia, no Hospital Gómez Ulla, de Madrid, xunto cos demáis pasaxeiros españois evacuados do cruceiro afectado polo gromo de hantavirus. Todos están asintomáticos | Os Premios Feroz seguirán en Pontevedra, por terceiro ano consecutivo.A gala da Asociación de Informadores Cinematográficos celebrarase na cidade do Lérez o 23 de xaneiro de 2027 | Recepción na presidencia da Xunta aos xogadores e a directiva do Mombus Obradoiro, que confirmou o seu ascenso á liga ACB. Un regreso á elite do baloncesto que pode supoñer para a cidade de Santiago un impulso económico de máis de tres millóns de euros. 11-05-2026
SonDeSeu, a primeira orquestra folk de Galicia que naceu hai 25 anos ao abeiro da escola municipal de música de Vigo, celebra o cuarto de século cun concerto especial no Auditorio Mar de Vigo, coa participación de figuras destacadas como Xabier Díaz, Abraham Cupeiro ou Tanxugueiras.
Primeira xuntanza oficial de Elena Candia como alcaldesa de Lugo con traballadores do Concello, trala tensa moción de censura. Tamén recibe as primeiras críticas, por retirar unha bandeira de Palestina dun edificio municipal | Sanidade confirma dous casos de sarna en Vila de Cruces, e mantén en vixilancia a varias persoas. A enfermidade contaxiosa, que non é grave, voltou con intensidade, a nivel mundial, desde 2020 | Hoxe celebrouse a gala do concurso "Cantamos coas mans" da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Un certame para visibilizar e normalizar a lingua de signos | Xornada de moita emoción no baloncesto galego. Dous equipos poderían regresar á liga ACB: o Leyma Coruña e o Monbus Obradoiro. O partido que o decidirá xogarase esta noite entre o Obra e o Inveready Guipuzcoa. 08-05-2026
A fin de semana comeza con descenso das temperaturas, baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste de Portugal. Precipitacións máis intensas na provincia de Ourense, en forma de chuvascos localmente treboentos. Tempo moi semellante ao que agardamos o resto da fin de semana. 08-05-2026
Primeira xuntanza oficial de Elena Candia como alcaldesa de Lugo con traballadores do Concello| | Os médicos volverán facer "peonadas", tralo acordo acadado entre a consellería de Sanidade e o sindicato maioritario O'Mega | Sanidade confirma dous casos de sarna en Vila de Cruces, e mantén en vixilancia a varias persoas | Ponteciencia, a feira escolar de divulgación científica comeza hoxe en Pontevedra | O Monbus Obradoiro xógase esta noite o ascenso á ACB ante o Inveready Guipuzcoa. 08-05-2026
Elena Candia reúnese cos representantes dos traballadores do concello, no seu primeiro día como alcaldesa de Lugo, trala moción de censura. Os populares apelan a legalidade desa fórmula para chegar ao goberno municipal, mentres socialistas e BNG confían en que será castigada polos electores dentro dun ano | Os médicos volverán facer "peonadas" nos hospitais fóra da xornada habitual, para aliviar as listas de agarda, tralo acordo acadado entre a consellería de Sanidade e o sindicato maioritario O'Mega | Investigacións sobre a cor das hortensias, o efecto dos vapeadores ou as Cantigas de Alfonso X. Son algúns dos proxectos presentados por alumnos na feira escolar de divulgación científica que hoxe comenza en Pontevedra | Considerada a primeira orquestra folk de Galicia, nacida anos ao abeiro da escola municipal de música de Vigo, SonDeSeu celebra un cuarto de século de actividade sobre os escenarios, cun concerto especial coa participación de figuras destacadas da música galega. 08-05-2026
O colexio ourensán Terras de Maside e o instituto coruñés A Sardiñeira foron os grandes protagonistas da novena edición do concurso 'Cantando coas mans', no que participaron quince centros educativos. O certame, organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, ten como obxetivo visibilizar e normalizar a lingua de signos. Na gala, que tivo lugar na Cidade da Cultura, actuaron os alumnos gañadores do premio do xurado e o premio do público e tamén os catro colexios galardoados coa mención de honra.
Récord na feira de gando de Silleda: Linda, unha vaca rubia galega, véndese por máis de 10.500 euros
Chámase Linda, pesa máis dunha tonelada e criouse en Chantada. Acaba de bater o récord como a vaca máis cara vendida na feira de Silleda ao superar os 10.500 euros. O seu criador di que, ainda así, perde cartos.
Elena Candia é xa a nova alcaldesa de Lugo. O Partido Popular recupera o poder nesa cidade logo de 27 anos mediante unha moción de censura | Xornada de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra. As centrais covocantes destacan o seguemento, coa paralización prácticamente total da actividade nos asteleiros e empresas auxiliares | Forman parte do noso día a día e, malia que serven pra protexernos, mal empregaoas poden facernos extremadamente vulnerables. Hoxe celébrase o Día Mundial do Contrasinal, unha combinación dixital de caracteres que pode ser un auténtico quebradoiro de cabeza. Os expertos auguran que o futuro pasa por prescindir deles | Novo récord na feira de gando de Silleda. Unha vaca vendeuse por máis de 10.500 euros. Cada vez máis restaurantes ofrecen carnes gourmet e iso fai que se disparen os prezos da rubia galega. 07-05-2026
Seguimos con inestabilidade atmosférica debido á presenza de aire frío e con ceos máis despexados aínda que conforme avance a tarde medrarán nubes de evolución con chuvascos que poden ser localmente treboentos máis probables e intensos no interior da comunidade. As temperaturas máximas en lixeiro ascenso rondarán os 20 graos. 07-05-2026
Elena Candia é xa a nova alcaldesa de Lugo. O Partido Popular recupera o poder nesa cidade logo de 27 anos mediante unha moción de censura | Folga no sector do metal da provincia de Pontevedra, coa paralización prácticamente total da actividade | As combinacións que usamos a diario como identidade dixital poden ser descifradas en cuestión de segundos grazas ás novas ferramentas tecnolóxicas do Contrasinal | Novo récord na feira de gando de Silleda. Unha vaca vendeuse por máis de 10.500 euros. 07-05-2026
Elena Candia é xa a nova alcadesa de Lugo. O Partido Popular recupera o poder nesa cidade, logo de 27 anos, mediante unha moción de censura, co apoio da concelleira exsocialista María Reigosa, que obtivo a acta trala morte de tres compañeiros de candidatura | Xornada de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra. Os covocantes, CIG UGT e CCOO consideran un éxito o seguemento, coa paralización prácticamente total da actividade nos asteleiros e empresas auxiliares, en demanda de melloras laborais no convenio colectivo | As combinacións que usamos a diario como identidade dixital poden ser descifradas en cuestión de segundos grazas ás novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles. Así o advirten os expertos en ciberseguridade no día Mundial do Contrasinal | Chámase Linda, pesa máis dunha tonelada e criouse en Chantada. Acaba de bater o récord como a vaca máis cara vendida ata agora na feira de Silleda ao superar os 10.500 euros. O seu criador, Emilio, di que ainda así, perde cartos. 07-05-2026
Acaba de presentarse o festival de Cans, que entre o 19 e o 23 deste mes volverá a encher de "agroglamour" esta parroquia do Porriño (Pontevedra). Máis dun cento de obras vanse proxectar no certame coa presenza do director Julio Medem. Será homenaxeado o actor Celso Bugallo falecido en decembro.
Sorprendentemente están ben as vacas que a pasada fin de semana protagonizaron un rescate case de película. Tiveron que ser evacuadas en helicópero despois de quedar atrapadas nun barranco da Ribeira Sacra onde fuxiran seguramente asustadas polo lobo. Os seus donos están moi agradecidos pola axuda que recibiron tanto dos veciños coma da administración autonómica que asumiu o custo do helicóptero.
En perfecto estado atopamos as vacas que a pasada fin de semana protagonizaron un rescate case case de película. Tiveron que ser evacuadas en helicópero unha a unha despois de quedar atrapadas nun barranco da Ribeira Sacra onde fuxiran seguramente asustadas polo lobo | A Xunta inicia os trámites para reactivar as explotacións mineiras de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, na provincia da Coruña. Asegura que os xacementos conteñen metais como Ouro, Wolframio ou Estaño, por valor duns 7.000 millóns de euros e permitirían a creación duns mil postos de traballo | Un galego procedente de Cariño, continúa a bordo do cruceiro afectado polo hantavirus, atracado fronte a Cabo Verde. O goberno central autorizou que faga escala en Canarias, anque coa oposición do executivo autonómico canario | Cunha etapa entre Monforte e Antas de Ulla, a volta ciclista a España feminina despídese de Galicia. A francesa Cédrine Kerbaol proclamouse gañadora na última etapa, entre Padrón e A Coruña