Persiste a inestabilidade atmosférica, nunha xornada de ceos con intervalos de nubes e claros. Pola tarde nubes de evolución que deixarán chuvascos treboentos, máis probables nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas sen apenas cambios, con lixeiros descensos no litoral e máximas dende os 25 graos na Coruña aos 33 en Ourense. 25-05-2026
A Coruña, celebra a volta do Deportivo a Primeira división, logo de oito anos. Esta tarde, recepción oficial no pazo de María Pita | Principio de acordo de PSOE, BNG e Sumar no Congreso dos Deputados para o traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia | Folga dos traballadores da recollida do lixo en Vigo, coas posturas moi distanciadas entre os sindicatos e a empresa concesionaria | Máis de 300 quilos de Algas recollidas na Plataforma flotante do Parrote, na Coruña, que serán empregadas para uso alimentario e agrícola. 25-05-2026
Festa, por todo o alto, de madrugada. É a multitudinaria celebración, na Coruña, do regreso do Deportivo a Primeira División, oito anos despois, un período no que pasaron polo club 7 presidentes e once adestradores | Principio de acordo de PSOE, BNG e Sumar no Congreso dos Deputados para o traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia. As tres formacións din que formalizarán o pacto mañá e incluirá transferir todas as competencias na xestión da Autoestrada do Atlántico | Folga dos traballadores da recollida do lixo en Vigo, coas posturas moi distanciadas entre os sindicatos e a empresa concesionaria na negociación do convenio. Unha mobilización que coincide na semana que se celebra na cidade o Día das Forzas Armadas | Máis de 300 quilos de Algas recollidas na Plataforma flotante do Parrote, na Coruña, que serán empregadas para uso alimentario e agrícola. Unha actividade a cargo dunha empresa galega, con trinta anos de traxectoria. 25-05-2026
No paseo do Parrote da Coruña uns mergulladores sacan do fondo algas.
Unha vez recollidas e analizadas, dependendo da calidade, destínanse para alimentacion ou a agricultura.
Ademais de na costa tamén as apañan en plataformas de cultivo.
O uso das algas na gastronomía está en constante crecemento.
Segunda xornada de folga na recollida de lixo en Vigo.
Sindicatos e empresa concesionaria non chegan a un acordo no marco da negociación do convenio.
As posturas están distanciadas sobre todo no que respecta as xubilacións anticipadas e a suba salarial.
Piden a mediación do Concello.
A folga coincide coa semana do Día das Forzas Armadas que se celebra na cidade.
- O retanqueo dunha parte do paseo marítimo permite recuperar 25 metros de areal
- Os sistemas dunares actúan coma barreiras naturais fronte aos temporais
As obras de retranqueo na viguesa praia de Samil lograron recuperar 5.000 metros cadrados de entorno natural.
O antigo asfalto do paseo transformouse en zonas verdes e o areal gañou superficie.
A intención é devolver a imaxe que a praia tiña nos anos sesenta do século pasado.
Remata a cuarta semana de folga dos médicos contra o Estatuto Marco do Ministerio de Sanidade. O Sergas cifra a participación nuna quinta parte dos facultativos galegos | Bota a andar a Unidade de Apoio a Atención Primaria. Un novo servizo para desconxestionar a atención telefónica das consultas médicas galegas máis saturadas | Minuto de silencio en Brión pola nena de dous anos falecida logo de permanecer no coche durante horas, exposta a altas temperaturas | A praia de Samil, en Vigo, transfórmase para recuperar a súa paisaxe orixinal, co retanqueo do paseo marítimo para devolver espazo ao sistema dunar de Argazada. Unha actuación que permitiu gañar 25 metros de praia | O Festival de Cans, no Porriño, xa lanzou os chimpíns á rúa Roteiros, coloquios e proxeccións transforman a contorna rural da vila. 22-05-2026
Día de calor intensa e xeralizada. As temperaturas soben e serán moi altas para esta época. Poden superar os 36 graos en Ourense. Aumenta a inestabilidade atmosférica, con posibles chuvascos e treboadas fortes esta tarde en gran parte de Lugo. A fin de semana seguirá igual. O aire africano en superficie vai disparar as temperaturas, mesmo está previsto que se rexistren as primeiras noites tropicais do ano. 22-05-2026
O cinema é protagonista esta fin de semana en Cans.
A parroquia do Porriño abre os galpóns á sétima arte.
Roteiros, coloquios e proxeccións transforman a contorna rural da vila pontevedresa.
O desfile de chimpíns polo centro do Porriño e a proxección da pelicula 'La buena hija' con Janet Novás, bailarina e actriz que este ano recibe un chimpín de prata, inaugurou o Festival.
Remata, sen perspectivas de acordo, a cuarta semana de folga dos médicos contra o Estatuto Marco | Posta en marcha da Unidade de Apoio a Atención Primaria. Un novo servizo para desconxestionar a atención telefónica das consultas médicas máis saturadas | Minuto de silencio en Brión pola nena de dous anos falecida logo de permanecer no coche durante horas | A Coruña envólvese en preparativos de celebración, ante a perspectiva de confirmar, xa o domingo, o regreso do Deportivo á primeira división | Chega o Festival de Cans, no Porriño, a cita cinematográfica que transforma a contorna rural con roteiros, coloquios e proxeccións. 22-05-2026
Remata, sen perspectivas de acordo, a cuarta semana de folga dos médicos contra o Estatuto Marco do Ministerio de Sanidade. Os convocantes reclaman a dimisión da Ministra Mónica García. O Sergas estima a participación nos paros en Galicia de un de cada cinco facultativos | A mobilización que coincide coa posta en marcha da Unidade de Apoio a Atención Primaria. Un novo servizo ideado pola Consellería de Sanidade para desconxestionar a atención telefónica das consultas médicas máis saturadas | A Coruña envólvese en preparativos de celebración, ante a perspectiva de confirmar, xa o domingo, o regreso do Deportivo á primeira división. A federación de peñas organiza a viaxe a Valladolid de 14 autobuses con afeccionados | Chega o Festival de Cans, no Porriño, a cita cinematográfica que transforma a contorna rural con roteiros, coloquios e proxeccións, nunha edición con chimpín de prata para a actriz e bailarina Janet Novás. 22-05-2026
A coruña prepárase para o partido do domingo en Valladolid.
Se gaña o Deportivo ascende á Primeira. Incluso o empate poderíalle valer.
A federación de peñas organiza 14 autobuses para viaxar a Valladolid e A Coruña xa está engalanada coas cores do equipo
O Deportivo agarda voltar á Primeira logo de 8 anos de espera.
Seis xubilados franceses percorren máis de mil quilómetros de peregrinación a Santiago en mobylettes dos anos sesenta. Unha aventura humana e mecánica que se recollerá nun documental
Todos os polígonos de bateas de Galicia, pechados pola toxina lipofílica. Un fenómeno propio da primavera que este ano é máis intenso do habitual e afecta tamén aos bancos marisqueiros.
Traxedia no concello coruñés de Brión. Unha nena de dous anos morreu tras quedar esquecida varias horas no interior dun coche. O pai deixou ao irmán maior no colexio e despois aparcou o vehículo e foi traballar, sen decatarse de que non levara á nena á escola infantil | O absentismo escolar vai ter máis control e axilidade cun novo protocolo dixitalizado. A partir de agora as faltas de asistencia revisaranse cunha ferramenta informática, que tamén reducirá o traballo administrativo dos profesores | A proliferación da toxina Lipofílica nas aguas das rías mantén pechadas as bateas de mexillón. Na ría de Arousa agardan que pase pronto este episodio para volver a traballar | Seis xubilados franceses recorren máis de mil quilómetros de peregrinación a Santiago en pequenos ciclomotores dos anos sesenta. 21-05-2026
O calor do verán xa está aquí. Soben as temperaturas en toda Galicia. As máximas oscilan entre os vintecatro graos da Coruña e os trinta e dous de Ourense. Temos ceos despexados e ventos frouxos do suroeste. Brétemas nas Rías Baixas. E algún amago treboento pola tarde. 21-05-2026
Morre unha nena de dous anos, esquecida durante varias horas no interior dun coche, a causa dun golpe de calor en Brión | A Xunta anuncia un novo protocolo dixitalizado para o control e a revisión do absentismo escolar | Iago Aspas oficializa a renovación no Celta por unha temporada máis | Todolos polígonos de bateas, pechados pola toxina Lipofílica. Un fenómeno natural, propio da tempada de primavera, que este ano está a ser máis intenso do habitual | Seis xubilados franceses recorren máis de mil quilómetros de peregrinación a Santiago en pequenos ciclomotores dos anos sesenta. 21-05-2026
Loito en Brión pola morte dunha nena de dous anos, esquecida durante varias horas no interior dun coche, a causa dun golpe de calor. O pai aparcou o vehículo diante do seu negocio, despois de deixar ao irmán maior no colexio | A Xunta anuncia medidas fronte ao absentismo escolar. Un novo protocolo dixitalizado aplicarase no control e na revisión das faltas de asistencia do alumnado. Unha ferramenta informática que axilizará os procedementos e reducirá a carga burocrática dos docentes | Todolos polígonos de bateas, pechados pola toxina Lipofílica. Un fenómeno natural, propio da tempada de primavera, que este ano está a ser máis intenso do habitual e afecta tamén aos bancos marisqueiros, especialmente aos situados nas zonas externas das rías | Seis xubilados franceses recorren máis de mil quilómetros de peregrinación a Santiago en pequenos ciclomotores dos anos sesenta. Unha aventura humana e mecánica que o ourensán Domingo Díaz está a plasmar nun documental. 21-05-2026
No día mundial das abellas, achegámonos ao museo vivente do mel, en Arzúa. As abellas son esenciais para a produción dos alimentos que consumimos, esencias para a nosa supervivencia.