A investigación xudicial a Rodríguez Zapatero provoca, no Parlamento, críticas de Alfonso Rueda aos socialistas galegos, aos que acusa de gardar silencio. O BNG fala de corrupción sistémica do bipartidismo, mentres o PSdeG mantén o apoio á figura do expresidente do Goberno | As organizacións ecoloxistas reaccionan ao anuncio de Altri de seguir adiante co seu proxecto de macroplanta de celulosa en Palas de Rei, mediante un sistema de coxeración eléctrica. Reclaman á Xunta que rexeite esa alternativa | Oposición veciñal ao proxecto de instalación dunha planta de biogás no concello coruñés da Laracha. A empresa promotora pretende procesar máis de 60.000 toneladas de residuos agrícolas e puríns da industria alimentaria | Hoxe, día mundial das abellas, para concienciar da importancia destes animais para a nosa supervivencia. Sen elas non habería flores nin froitas. No museo vivente da mel, en Arzúa, achegarémonos ao oficio do apicultor. 20-05-2026
Recuperamos a influencia das altas presións, coa entrada dunha masa de aire cálido. Mércores sen chuvias e con ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas baixan, pero as máximas soben, sobre todo na metade sur, quedando altas para esta época, entre os 22 graos da Coruña e os 30 de Ourense. 20-05-2026
A investigación xudicial a Rodríguez Zapatero provoca, no Parlamento, críticas de Alfonso Rueda aos socialistas | Reaccións críticas por parte das organizacións ecoloxistas ao anuncio de Altri de seguir adiante co seu proxecto de macroplanta de celulosa en Palas de Rei | A muller que denunciou por acoso sexual ao expresidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, comparece ante o tribunal | Oposición veciñal ao proxecto de instalación dunha planta de biogás no concello coruñés da Laracha co procesamento de máis de 60.000 toneladas de residuos agrícolas e puríns. 20-05-2026
A investigación xudicial a Rodríguez Zapatero provoca, no Parlamento, críticas de Alfonso Rueda aos socialistas galegos, aos que acusa de gardar silencio | Reaccións críticas por parte das organizacións ecoloxistas ao anuncio de Altri de seguir adiante co seu proxecto de macroplanta de celulosa en Palas de Rei, mediante un sistema de coxeración eléctrica | A muller que denunciou por acoso sexual ao expresidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, compareceu hoxe ante o tribunal de instancia que leva as causas de violencia sobre a muller | As abellas son esenciais para a produción dos alimentos que consumimos cada día e polo tanto esencias para a nosa supervivencia. No día mundial das abellas achegámonos ao museo vivente do mel, en Arzúa, para coñecer un pouco máis destes animais. 20-05-2026
O concello coruñés de Negreira convértese en escenario da rodaxe do filme Outono, primeira longametraxe da realizadora cubana –afincada en Galicia– Giselle Llanio. Unha produción da compañía galega Indígena Films que conta co apoio de Radio Televisión Española.
A campaña da anguía comezou con altibaixos no referente a capturas. Na vila de Arcade, a súa confraría depende económicamente nun 70 ou 80 por cento deste recurso.
Industrias Ferri presenta en Gondomar o maior banco de probas da industria naval de Europa | Ensaia maquinaria e sistemas de elevación en condicións extremas antes de subir os dispositivos aos barcos.
A feira Navalia amosa as novidades do sector naval.
A transición enerxética, a eólica mariña, a intelixencia artificial ou o auxe da defensa son algúns dos eixos desta feira.
Este ano bate récord de participación con máis de 600 expositores, agárdase que pasen polo Ifevi unhas 25.000 persoas.
O conflito do sector do metal trasládase á provincia da Coruña, con mobilizacións nas principais cidades en demanda de melloras no convenio colectivo, que afecta a uns 15.000 traballadores | Vigo convértese no escaparate internacional da industria naval. A transición enerxética, a eólica mariña, a intelixencia artificial ou o auxe da defensa son algúns dos eixos da feira Navalia | Altri presenta alegacións contra o arquivo do proxecto de construcción da fábrica de celulosa no concello lugués de Palas Rei |Seis activistas galegos atópanse entre os capturados pola armada israelí cando viaxaban a bordo dunha flotilla humanitaria con destino a Gaza. A abordaxe tivo lugar a altura de Chipre | O 58 % dos galegos teñen problemas co sono. Case o 100% da poboación considera que o non durmir ben é un problema importante para a saúde pero tardamos en ir ó médico. Son datos do primeiro barómetro sobre trastornos do sono en España. 19-05-2026
Unha fronte pouco activa deixa chuvias a primeira hora. Á tarde os ceos quedan máis despexados polo norte e con algún chuvasco moi illado e puntual no sur. As temperaturas soben, a as máximas poden superar os 20 graos en moitos puntos. 19-05-2026
Primeira das tres xornadas de folga convocadas no sector do metal na provincia da Coruña, para presionar na negociación do convenio, con mobilizacións nas principais ciudades | Altri presenta alegacións contra o arquivo do proxecto da macroplanta en Palas de Rei | Seis activistas galegos, entre os capturados pola armada israelí a bordo da flotilla humanitaria con destino a Gaza | Preto do 60 por cento da poboación galega recoñece ter problemas de sono | A Colexiata de Sar, pouco visitada polos turistas pola sua ubicación apartada do centro histórico, inclúida polo Museo da Catedral de Santiago no proxecto para pór en valor o seu patrimonio monumental. 19-05-2026
O conflito do sector do metal trasládase á provincia da Coruña, con mobilizacións nas principais cidades en demanda de melloras no convenio colectivo, que afecta a uns 15.000 traballadores. Tamén na provincia de Pontevedra, a CiG, central maioritaria, mantén hoxe a xornada de folga | Altri presenta alegacións contra o arquivo do proxecto da macroplanta en Palas de Rei. Di que pode resolver o abastecemento enerxético mediante coxeración para non depender da conexión eléctrica exterior | Preto do 60 por cento da poboación galega recoñece ter problemas de sono. Así o indica un informe presentado hoxe na Coruña que destaca a pouca importancia que se lle dá ao descanso diario, fronte ás graves implicacións que ten na saúde, a productividade e a calidade de vida | A Colexiata de Sar, unha xoia de orixe románica pouco visitada polos turistas pola sua ubicación apartada do centro histórico de Santiago. E inclúida polo Museo da Catedral no proxecto Compostela Sacra para difundir e pór en valor o seu patrimonio monumental. 19-05-2026
Arranca a cuarta semana de folga de médicos, para reclamar o estatuto marco propio, cun seguemento en Galicia do 80 por cento dos profesionais non incluídos nos servizos mínimos, segundo os convocantes | En Lugo unha muller septuaxenaria morreu acoitelada polo seu fillo na vivenda familiar que ambos compartían. A agresión tivo lugar o domingo a mediodía e o home duns corenta anos abandonou o domicilio tras supostamente acoitelar a súa proxenitora | A incidencia do cancro de pulmón aumenta porcentualmente máis entre as mulleres porque, segundo din os expertos, a afectación do tabaquismo nelas tamén foi posterior | presentouse en Gondomar o maior banco de probas da industria naval de Europa. Unha plataforma capaz de ensaiar maquinaria e sistemas de elevación en condicións extremas. O obxectivo é probar o seu rendemento real antes de subir os dispositivos aos barcos. 18-05-2026
Arranca a cuarta semana de folga de médicos, para reclamar o estatuto marco propio, cun seguemento en Galicia do 80 por cento segundo os convocantes | Preséntase en gondomar o maior banco de probas da industria naval de Europa | Unha muller septuaxenaria morre acoitelada polo seu fillo na vivenda familiar que ambos compartían en Lugo | A incidencia do cancro de pulmón aumenta porcentualmente máis entre as mulleres porque, segundo din os expertos, a afectación do tabaquismo nelas tamén foi posterior | Valioso e sofrido Empate do Celta en Bilbao, que lle permite manterse en posto de repetir participación na Europa League. 18-05-2026
A semana comezou con néboas no interior e nubes altas no resto de Galicia. Conforme avance o día os ceos iranse cubrindo e teremos chuvias pola tarde máis intensas na franxa atlántica. As temperaturas sen moitos cambios, algo máis altas na Mariña. Sopra o suroeste con refachos fortes entre Bares e Fisterra. 18-05-2026
Arranca a cuarta semana de folga de médicos, para reclamar o estatuto marco propio, cun seguemento en Galicia do 80 por cento dos profesionais non incluídos nos servizos mínimos, segundo os convocantes | Reaccións, dende Galicia, aos resultado das eleccións autonómicas andaluzas. O presidente Alfonso Rueda felicita a Juanma Moreno polo seu triunfo, mentres os socialistas inciden en que terá que negociar con Vox. O BNG destaca o crecemento de Adelante Andalucía | Preséntase en gondomar o maior banco de probas da industria naval de Europa, unha plataforma de 2.000 metros cadrados, capaz de ensaiar maquinaria e sistemas de elevación en condicións extremas | Valioso e sofrido Empate do Celta en Bilbao, que lle permite manterse en posto de repetir participación na Europa League. Na afección deportivista, euforia trala vitoria ante o Andorra, un resultado que mete ao equipo coruñés en ascenso directo á primeira división, se gaña o domingo en Valladolid. 18-05-2026
Unha escuma de orixe vexetal para protexer os bosques dos incendios vén de gañar o primeiro premio da Galiciencia, a maior feira científica escolar de Galicia. Competiu con outros 49 proxectos de investigación de 34 centros.
Begoña Caamaño publicou o primeiro libro con 45 anos. Defensora desde nena da igualdade e do feminismo fou unha xornalista de rúa.
A súa irmá, Bea Caamaño, achéganos á vida da escritora desde o barrio do Calvario en Vigo. O lugar onde viviu de nena.
Uxía Senlle lembra á que foi unha boa amiga e Ana Romaní, compañeira súa na radio, fálanos da Begoña xornalista.
Repasamos a traxectoria que converteu a Begoña Caamaño na oitava muller á que se lle dedica o Día das Letras Galegas | O futuro da factoría de Alcoa en San Cibrao volve ser abordado nunha xuntanza da comisión de seguimento do acordo de viabilidade | A Xunta anuncia axudas directas a promotores e cooperativas para construír vivendas. Unha medida coa que pretende compensar o aumento de custos | Unha escuma de orixe vexetal para protexer os bosques dos incendios vén de gañar o primeiro premio da Galiciencia, a maior feira científica escolar de Galicia. 15-05-2026
Repasamos a traxectoria que converteu a Begoña Caamaño na oitava muller á que se lle dedica o Día das Letras Galegas | O futuro da factoría de Alcoa en San, nunha xuntanza da comisión de seguimento do acordo de viabilidade, que non se reunía desde hai máis dun ano | A Xunta anuncia axudas directas a promotores e cooperativas para construír vivendas | A importancia da ciberseguridade ante os riscos do mundo dixital, en Galiciencia, o certame en Ourense para achegar aos máis novos a ciencia e a tecnoloxía. 15-05-2026