Folga do metal na provincia da Coruña | Alti alega contra o arquivo da macroplanta en Palas de Rei | O 60% dos galegos recoñecen problemas de sono
19/05/2026 00:25:02O conflito do sector do metal trasládase á provincia da Coruña, con mobilizacións nas principais cidades en demanda de melloras no convenio colectivo, que afecta a uns 15.000 traballadores. Tamén na provincia de Pontevedra, a CiG, central maioritaria, mantén hoxe a xornada de folga | Altri presenta alegacións contra o arquivo do proxecto da macroplanta en Palas de Rei. Di que pode resolver o abastecemento enerxético mediante coxeración para non depender da conexión eléctrica exterior | Preto do 60 por cento da poboación galega recoñece ter problemas de sono. Así o indica un informe presentado hoxe na Coruña que destaca a pouca importancia que se lle dá ao descanso diario, fronte ás graves implicacións que ten na saúde, a productividade e a calidade de vida | A Colexiata de Sar, unha xoia de orixe románica pouco visitada polos turistas pola sua ubicación apartada do centro histórico de Santiago. E inclúida polo Museo da Catedral no proxecto Compostela Sacra para difundir e pór en valor o seu patrimonio monumental. 19-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado