Folga de médicos cun seguemento do 80% | Reaccións aos resultados das eleccións de Andalucía | Banco de probas para a industria naval, en Gondomar
18/05/2026 00:25:05Arranca a cuarta semana de folga de médicos, para reclamar o estatuto marco propio, cun seguemento en Galicia do 80 por cento dos profesionais non incluídos nos servizos mínimos, segundo os convocantes | Reaccións, dende Galicia, aos resultado das eleccións autonómicas andaluzas. O presidente Alfonso Rueda felicita a Juanma Moreno polo seu triunfo, mentres os socialistas inciden en que terá que negociar con Vox. O BNG destaca o crecemento de Adelante Andalucía | Preséntase en gondomar o maior banco de probas da industria naval de Europa, unha plataforma de 2.000 metros cadrados, capaz de ensaiar maquinaria e sistemas de elevación en condicións extremas | Valioso e sofrido Empate do Celta en Bilbao, que lle permite manterse en posto de repetir participación na Europa League. Na afección deportivista, euforia trala vitoria ante o Andorra, un resultado que mete ao equipo coruñés en ascenso directo á primeira división, se gaña o domingo en Valladolid. 18-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado