A fin de semana principia con temperaturas baixas para a época do ano. De feito, pode volver nevar en cotas arredor dos 1.400 metros. Seguimos con vento norte e cos restos dunha fronte que deixan ceos nubrados e chuvascos máis intensos na metade norte. Conforme avanza o día iranse abrindo máis claros sobre todo polo sur. As temperaturas máximas oscilarán entre os 15 graos previsto en Lugo aos 19 de Pontevedra ou Vigo. 15-05-2026
Repasamos a traxectoria que converteu a Begoña Caamaño na oitava muller á que se lle dedica o Día das Letras Galegas, que se celebra este domingo | O futuro da factoría de Alcoa en San Cibrao volve ser abordado nunha xuntanza da comisión de seguimento do acordo de viabilidade, que non se reunía desde hai máis dun ano | A Xunta anuncia axudas directas a promotores e cooperativas para construír vivendas. Unha medida coa que pretende compensar o aumento de custos que repercute nos prezos de compra e alugueiro | A importancia da ciberseguridade ante os riscos do mundo dixital, en Galiciencia, o certame en Ourense para achegar aos máis novos a ciencia e a tecnoloxía. 15-05-2026
O experto en arpas históricas, Manuel Vilas, ofrece un relatorio no festival de música Pórtico do Paraíso sobre o papel que xogan as arpas nalgunhas das películas clásicas do cine. Unha investigación que segue aberta, polos numerosos filmes nos que aparece este instrumento.
A carne, os ovos ou as hortalizas, ata un 13 por cento máis caros respecto a hai un ano. O IPC de abril confirma unha suba interanual do 3,4 por cento en Galicia, dúas décimas por riba da media do conxunto de España | Novos tratamentos para evitar infeccións ou fórmulas para aumentar o número de órganos disponibles. Son os principais retos a debate no congreso da Sociedade Española de Transplantes que reúne na Coruña a especialistas de todo o mundo | En Santiago celébrase hoxe o día da Ascensión. Unha xornada festiva cargada de tradicións. Na carballeira de Santa Susana o polbo é o protagonista da comida popular. En Amio a feira cabalar atrae a centos de familias | O experto en arpa, Manuel Vilas, ofrece un relatorio no Festival de Música Pórtico do Paraíso sobre o papel que xoga ese instrumento nas das películas clásicas do cine. 14-05-2026
A Carne, os ovos ou as hortalizas, ata un 13 por cento máis caros respecto a hai un ano | Nova xornada reivindicativa para os traballadores do metal da provincia de Pontevedra | Congeso na Coruña con 500 especialistas en transplantes de todo o mundo | Santiago vive o día grande da Festa da Ascensión, unha xornada cargada de tradicións, coa feira cabalar en Amio | Chega ás librarías a nova novela do escritor pontevedrés Manel Loureiro: 'Antes de que todo cambie'. Un thriller que ficciona o asesinato de todos os líderes europeos, reunidos na illa da Toxa. 14-05-2026
Poucos cambios, a medio camiño entre o anticiclón e a borrasca. Ceos parcialmente cubertos na metade norte, con chuvascos illados e ocasionais e ceos máis abertos na metade sur. Pola noite, as chuvias estenderanse a máis puntos. As temperaturas máximas oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo e os 19 en Ourense. 14-05-2026
Alimentos como a carne, os ovos ou as hortalizas, con prezos ata un 13 por cento máis altos respecto a hai un ano. O IPC de abril confirma unha suba interanual do 3,4 por cento en Galicia, dúas décimas por riba da media do conxunto de España, cos combustibles tirando da inflación | Nova xornada reivindicativa para os traballadores do metal da provincia de Pontevedra. A negociación do convenio podería desbloquearse, mañá, nunha xuntanza convocada pola patronal | Tratamentos anovadores para evitar infeccións ou fórmulas para aumentar o número de órganos disponibles. Son os principais retos do transplante, que son debatidos nun congreso na Coruña, con 500 especialistas de todo o mundo | Santiago vive o día grande da Festa da Ascensión, a celebración máis importante da cidade despois do Apóstolo. Unha xornada con Alboradas tradicionais, desfile de Cabezudos e a Feira Cabalar, xunto cun programa de concertos que se prolonga ata a fin de semana. 14-05-2026
Nova exposición no Peirao da Batería, na Coruña. O centro MOP, na Coruña, acolle os traballos de catro fotógrafos galegos que acaban de rematar os seus estudos. A Fundación Marta Ortega financioulles unha residencia artística en Milán para especializarse na fotografía de moda.
A cabeza tractora dun camión articulado quedou pendurada dun viaduto da A-52, en Melón, tras sufrir un accidente. O condutor, veciño de Cortegada de 50 anos, morreu ao caer desde unha altura de 30 metros.
Un camioneiro falecía esta madrugada nun aparatoso accidente na Autovía das Rías Baixas, en Melón, Ourense. Tras saírse da vía e bater contra un peitoril de protección a cabina quedaba pendurada nun viaduto e o condutor caía ao baleiro dende unha altura de trinta metros. Circulaba sen o cinto de seguridade | Nova xornada de folga do sector do metal na provincia de Pontevedra para reclamar un novo convenio colectivo | Os traballadores da Axencia Tributaria convocaron hoxe, tamén, un paro e anuncian mobilizacións para protestar polo bloqueo de negociacións sobre asuntos coma a carreira profesional, o dereito ó teletraballo ou a seguridade para os empregados de vixilancia aduaneira | O hospital da Coruña acada o milleiro de transplantes de pulmón dende que comezou a facer ese tipo de operacións, en 1999 | Nova exposición no Peirao da Batería, na Coruña. Acolle os traballos de catro fotógrafos galegos que acaban de rematar os seus estudos. A Fundación Marta Ortega financioulles unha residencia artística en Milán para que se especializaran na fotografía de moda. 13-05-2025
Situación intermedia entre altas e baixas presións con vento norte. Ceos nubrados con chuvascos illados e ocasionais na metade norte. Posibilidade dalgún chuvasco disperso pola tarde no sur da provincia de Ourense. As temperaturas máximas soben, entre os 17 graos na Coruña e os 23 en Ourense. 13-05-2025
Un camioneiro falece nun accidente na Autovía das Rías Baixas, en Melón, Ourense | Nova xornada de folga do sector do metal na provincia de Pontevedra para reclamar melloras no convenio colectivo | Os traballadores da Axencia Tributaria protestan, tamén, para reclamar melloras e aumento de persoal | Tanxugueiras presentan “Cuarto”, o seu novo traballo, na praza do Obradoiro | Nova exposición no Peirao da Batería, na Coruña. Acolle os traballos de catro fotógrafos galegos que acaban de rematar os seus estudos. 13-05-2025
Pendurada dun viaduto da Autovía das Rías Baixas ao paso polo concello de Melón. Así quedaba a cabeza tractora dun camión articulado, tras sufrir un accidente. O condutor, de 50 anos resultou morto ao caer dende unha altura de 30 metros, nunha zona de difícil acceso | Os traballadores do metal enchen de novo ás rúas en Vigo e outras localidades da provincia de Pontevedra, na segunda xornada de folga, para reivindicar melloras salariais e de saúde laboral na negociación do convenio provincial | Ata o 20 por cento da poboación galega está en situación de pobreza enerxética. Así o indica a Xunta dentro da estratexia do Pacto Europeo polo Clima, unha iniciativa para implicar a cidadáns e institucións para lograr a neutralidade climática | É o último traballo discográfico de Tanxugueiras, "O Cuarto". Presentado cunha escenografía case teatral na praza do Obradoiro, para celebrar os dez anos do trío formado por Olaia Maneiro, Aida Tarrio e Sabela Maneiro sobre os escenarios. 13-05-2025
- É a primeira vez que unha rubia galega supera a barreira dos 10.000 euros
- O auxe das carnes gourmet fai que se disparen os prezos de vacas e bois
As obras de mellora do pavimento do aeroporto de Santiago avanza segundo o previsto. Lavacolla leva pechado dende finais de abril. Os viaxeiros son os principais afectados, pero prexudica tamén a outros sectores como a hostalaría ou as empresas de alugueiro de coches.
Hai hoxe 50 anos do accidente do Urquiola. Unha nube de fume escureceu o ceo da Coruña durante horas, mentres ardían parte das máis de 100.000 toneladas de cru do petroleiro.
Hoxe cumprense cincuenta anos da xigantesca nube de fume que cubría o ceo da Coruña, polo incendio trala explosión do Urquiola, o petroleiro que embarrancou con máis de 100.000 toneladas de crú en 1976 | A Xunta reclama cambios no Regulamento Xeral de Costas que elabora o Goberno Central. Di que a normativa invade competencias autonómicas e podería poñer en risco instalacións asentadas no litoral | No Día Internacional da Enfermaría, poñemos en valor a importancia do traballo de dunha especializada na rama familiar no rural e outra que combina a área de neurocirurxía do hospital coa musicoterapia | Comezaron sendo 100 e xa suman máis do dobre. Son os peregrinos con diversidade funcional que fixeron dez etapas do Camiño de Santiago, coa Fundación ourensá San Rosendo, para fomentar a inclusión das persoas con dispacidade. 12-05-2026
Segue a inestabilidade atmosférica con ceos parcialmente cubertos e con chuvascos, máis frecuentes e intensos no centro e sur da Comunidade durante a tarde. Irán desaparecendo á noite. As temperaturas baixan. Quedarán por baixo dos 20 graos. Oscilarán entre os 17 de máxima previsto en Lugo aos 19 de Pontevedra ou Ferrol. 12-05-2026
Cúmprense 50 anos do incendio provocado na Coruña tralo embarrancamento do Urquiola, o petoleiro que provocou a maior catástrofe ecolóxica rexistrada na costa galega | A Xunta reclama cambios no Regulamento Xeral de Costas que elabora o Goberno Central | Estudantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra denuncian un presunto caso de acoso sexual no centro por parte dun profesor | Chega a Santiago a peregrinación de máis de cen persoas dependentes e con diversidade funcional organizada pola Fundación San Rosendo de Ourense. 12-05-2026
Unha xigantesca nube de fume cubre o ceo da Coruña. É o incendio provocado trala explosión do Urquiola, o petroleiro que transporta máis de 100.000 toneladas de crú procedente do Golfo Pérsico. A maior catástrofe ecolóxica rexistrada na costa galega, da que hoxe se cumpren 50 anos | A Xunta reclama cambios no Regulamento Xeral de Costas que elabora o Goberno Central. Di que a actual redacción da normativa invade competencias autonómicas e podería poñer en risco instalacións asentadas no litoral de 86 concellos | Coidado dos pacientes nas comunidades rurais envellecidas, ou en centros hospitalarios de alta especialización. No día Internacional da Enfermeiría, as profesionais sanitarias reivindican a importancia do seu traballo | Chega a Santiago a peregrinación de máis de cen persoas dependentes e con diversidade funcional organizada pola Fundación San Rosendo de Ourense. Uha iniciativa en favor da inclusión e a loita contra a discriminación por idade. 12-05-2026