Reabre o aeroporto Rosalía de Castro, co primeiro voo da liña regular que a partir de agora une Nova York e Santiago. Logo de 35 días pechada polas obras de renovación da pista, a terminal compostelá presenta un reforzo das conexións internacionais | Desconvocada a folga de recollida do lixo en Vigo. O servizo quedou restablecido e comenzaron a ser retiradas as máis de mil toneladas de residuos acumuladas nas rúas | A piques de celebrar as probas de selectividade deste ano, un grupo de expertos galegos propón un cambio no modelo de avaliación para facer que os resultados sexan máis equitativos entre as distintas comunidades | Exhibición en Balaídos, en Vigo, de manobras militares reais dos tres exércitos, a UME e a Garda Civil, dentro das actividades relacionadas coa celebración na cidade do Día das Forzas Armadas. 28-05-2026
Seguimos con tempo de verán. Ceos despexados ou con nubes altas. Brétemas no litoral Atlántico e posibilidade de treboadas e chuvascos na montaña de Lugo e Ourense pola tarde. As temperaturas máximas baixan na costa norte de Galicia, na Coruña non superarán os 21 graos, pero aínda seguen moi altas no interior. No Miño de Ourense agárdanse 36 graos. Está en aviso amarelo por calor. 28-05-2026
Reapertura do aeroporto Rosalía de Castro, coa chegada do primeiro voo da liña regular que a partir de agora une Nova York e Santiago | Desconvocada a folga de recollida do lixo en Vigo| Un grupo de expertos galegos propón un cambio no modelo de avaliación da selectividade, para facer que os resultados sexan máis xustos e equitativos entre as distintas comunidades | Exhibición en Balaídos, en Vigo, de manobras militares reais dos tres exércitos, a UME e a Garda Civil. 28-05-2026
Reapertura do aeroporto Rosalía de Castro, coa chegada do primeiro voo da liña regular que a partir de agora une Nova York e Santiago. Logo de 35 días pechada polas obras de renovación da pista, a terminal compostelá presenta un reforzo das conexións internacionais, coa ollada posta especialmente nos viaxeiros dos Estados Unidos | Desconvocada a folga de recollida do lixo en Vigo. O servizo quedou restablecido e comenzaron a ser retiradas as máis de mil toneladas de residuos acumuladas nas rúas. Foi unha vez que os representantes dos traballadores e da empresa concesionaria chegaran a un acordo | A piques de celebrar as probas de selectividade deste ano, un grupo de expertos galegos propón un cambio no modelo de avaliación para facer que os resultados sexan máis xustos e equitativos entre o alumnado das distintas comunidades | Exhibición en Balaídos, en Vigo, de manobras militares reais dos tres exércitos, a UME e a Garda Civil, dentro das actividades relacionadas coa celebración na cidade do Día das Forzas Armadas. 28-05-2026
O conflito laboral cumpre catro días, cos servizos mínimos centrados nas zonas sensibles como hospitais, residencias ou mercados, e sen avances na negociación | Xornada de moita calor hoxe en Galicia por mor do aire quente procedente de África | Desde hoxe está en marcha a nova campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, cun orzamento de dous millóns e medio de euros. Preto de cinco mil pequenos establecementos están adheridos a esta iniciativa | Pontevedra reúne xa á élite mundial da Natación artística. Deportistas dos cinco continentes están na cidade do Lérez para competir na Copa do Mundo, que se celebra esta fin de semana | O trío neoiorquino Tchotchke actúa esta noite na Sala Mardi Gras da Coruña. O concerto forma parte do ciclo Elas son artistas, que aposta pola visibilización de proxectos liderados por mulleres. 27-05-2026
Nova entrada de aire moi cálido africano que leva os termómetros por riba dos trinta graos en toda Galicia, e superan os 36 no val do Miño, en aviso amarelo por temperaturas anormalmente elevadas para esta época. Ceos pouco nubrados ou despexados, con treboadas e chuvascos localmente fortes en zonas altas do interior nas últimas horas do día. 27-05-2026
As rúas de Vigo acumulan xa máis de mil toneladas de residuos pola folga dos traballadores da recollida que cumpre catro días | Polémica entre os grupos políticos polo voto en contra do Partido Popular á proposta de transferencia da AP-9 a Galicia que tramita o Congreso dos Deputados | Comenza a campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, con descontos de ata 30 euros por cliente | O Complexo deportivo de Pontevedra prepárase para acoller á élite mundial da natación Artística no Campionato do Mundo, que se celebra esta fin de semana. 27-05-2026
Bolsas de lixo rebosan dos contedores nas rúas de Vigo, que acumulan xa máis de mil toneladas de residuos. A folga dos traballadores da recollida cumpre catro días, cos servizos mínimos centrados nas zonas como hospitais, residencias ou mercados, e sen avances na negociación | Polémica entre os grupos políticos polo voto en contra do Partido Popular á proposta de transferencia da AP-9 a Galicia que tramita o Congreso dos Deputados. A iniciativa, pactada conxuntamente polos socialistas con Sumar e o BNG, saíu adiante pese a todo na comisión de Transportes | Comenza a campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, con descontos de ata 30 euros por cliente, nos preto de 5.000 establecementos adheridos en toda a comunidade | O Complexo deportivo de Pontevedra prepárase para acoller á élite mundial da natación Artística no Campionato do Mundo, que se celebra esta fin de semana. O equipo español esperta espectación coa súa coreografía, inspirada nun tema de Rosalía. 27-05-2026
Unha investigación da Asociación Arde denuncia un caso de presunto maltrato animal e nunha granxa de visóns ubicada en Abegondo, na Coruña | Continúa a folga da recollida do lixo en Vigo. As posturas seguen moi distanciadas coa empresa concesionaria, e esta mañá os traballadores mobilizáronse polas rúas da cidade | Os pementos de Herbón atrasan a súa chegada este ano. A inestabilidade meteorolóxica do primeiro trimestre demorou a súa sementeira e por conseguinte a floración. Paso previo á súa recollida, que se prevé para dentro dun par de semanas | Comeza en Vigo a semana das forzas armadas, que concluirá o sábado cun acto central, presidido polos Reis. Hoxe abriuse unha exposición na avenida de Beiramar e a presenza de unidades navais no porto | Xoán Fórneas. O actor lucense atrévese co pop electrónico con Fállame a chola, un tema co que reivindica a súa identidade fronte ao medo a non encaixar. 26-05-2026
Comeza a retirarse a inestabilidade. Ceos con poucas nubes ou despexados, e néboas na metade oeste, refrescando as temperaturas. Baixan as máximas, especialmente no litoral norte. Pero mañá volverán subir, por mor dunha nova entrada de aire moi cálido do sur. 26-05-2026
Unha investigación da asociación Arde denuncia maltrato animal nunha granxa de visóns en Abegondo, con cadáveres de animais e suciedade extrema nas instalacións. | Continúa a folga do servizo de recollida do lixo en Vigo. Os traballadores reclaman a mediación do Concello | Máis de 27.000 persoas padecen en Galicia a enfermidade de Crohn ou colite ulcerosa. Os especialistas falan, nunhas xornadas en Pontevedra, de novos tratamentos | O alumnado dun centro de educación especial de Ourense asiste a un microconcerto para promover os beneficios da música en directo como terapia. 26-05-2026
Animais que se automutilan, cadáveres en estado de descomposición e unhas instalacións en extrema suciedade. Son imaxes dunha granxa de visóns en Abegondo, enviadas de xeito anónimo e que dan lugar a unha denuncia presentada pola asociación ARDE ante a fiscalía da Coruña | En Vigo, continúa a folga do servizo de recollida do lixo, que supón máis de 300 toneladas diarias de residuos nas rúas, a pesar dos servizos mínimos. Os traballadores manifestáronse hoxe para reclamar melloras na negociación do convenio e reclaman a mediación do concello ante a empresa concesionaria | Máis de 27.000 persoas padecen en Galicia a enfermidade de Crohn ou colite ulcerosa. Doenzas intestinais crónicas para as que non existe cura. Os especialistas falan, nunhas xornadas organizadas en Pontevedra, de novos tratamentos orientados á prevención e á medicina personalizada | Un microconcerto para saír da rutina das aulas e estimular as ganas de aprender do alumnado. É a actividade 'Música a flor de pel', hoxe, nun centro de educación especial en Ourense. 26-05-2026
No centro de educación especial do Pino en Ourense celebran un microconcerto para promover os beneficios da música en directo en persoas con discapacidades psíquicas ou sensoriais.
É a segunda vez que o profesorado do centro sorprende ao alumnado con esta actividade.
O concerto remata cos participantes tocando diferentes instrumentos de percusión en formando un tren musical para favorecer a integración do grupo.
Trátase dun programa da obra social de Abanca que se ofreceu este curso en 24 centros de toda Galicia.
A Coruña, celebra a volta do Deportivo a Primeira división, logo de oito anos de espera. Esta tarde terá lugar a recepción oficial no pazo de María Pita. Alí os futbolistas celebrarán coa afección o acontecemento histórico para para o club e para toda a cidade | PSOE, BNG e Sumar chegan a un principio de acordo no Congreso dos Deputados para o traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia. As tres formacións din que é un paso previo para acadar a eliminación das peaxes | Segunda xornada da folga na recollida do lixo en Vigo, que coincide coa semana en que se celebra na cidade o Día das Forzas Armadas | O xogador do Celta Borja Iglesias xogará coa selección española no Mundial este verán | Tras 20 anos de traxectoria, o grupo Escuchando Elefantes publica o seu primeiro sinxelo orixinal en galego, "Arder". Un tema que fala da problemática dos incendios forestais. 25-05-2026