Reabre o aeroporto de Santiago, con conexión con Nova York | Remata a folga da recollida do lixo en Vigo | Exhibición de manobras dos tres exércitos
28/05/2026 00:10:01Reabre o aeroporto Rosalía de Castro, co primeiro voo da liña regular que a partir de agora une Nova York e Santiago. Logo de 35 días pechada polas obras de renovación da pista, a terminal compostelá presenta un reforzo das conexións internacionais | Desconvocada a folga de recollida do lixo en Vigo. O servizo quedou restablecido e comenzaron a ser retiradas as máis de mil toneladas de residuos acumuladas nas rúas | A piques de celebrar as probas de selectividade deste ano, un grupo de expertos galegos propón un cambio no modelo de avaliación para facer que os resultados sexan máis equitativos entre as distintas comunidades | Exhibición en Balaídos, en Vigo, de manobras militares reais dos tres exércitos, a UME e a Garda Civil, dentro das actividades relacionadas coa celebración na cidade do Día das Forzas Armadas. 28-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado