Máis de mil toneladas de lixo sen recoller, en Vigo | Comenza a funcionar o Bono Comercio | A elite mundial da natación dase cita en Pontevedra
27/05/2026 00:24:00Bolsas de lixo rebosan dos contedores nas rúas de Vigo, que acumulan xa máis de mil toneladas de residuos. A folga dos traballadores da recollida cumpre catro días, cos servizos mínimos centrados nas zonas como hospitais, residencias ou mercados, e sen avances na negociación | Polémica entre os grupos políticos polo voto en contra do Partido Popular á proposta de transferencia da AP-9 a Galicia que tramita o Congreso dos Deputados. A iniciativa, pactada conxuntamente polos socialistas con Sumar e o BNG, saíu adiante pese a todo na comisión de Transportes | Comenza a campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, con descontos de ata 30 euros por cliente, nos preto de 5.000 establecementos adheridos en toda a comunidade | O Complexo deportivo de Pontevedra prepárase para acoller á élite mundial da natación Artística no Campionato do Mundo, que se celebra esta fin de semana. O equipo español esperta espectación coa súa coreografía, inspirada nun tema de Rosalía. 27-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado