Reabre o aeroporto de Santiago, con conexión con Nova York | Remata a folga da recollida do lixo en Vigo | Exhibición de manobras dos tres exércitos
28/05/2026 00:24:07Reapertura do aeroporto Rosalía de Castro, coa chegada do primeiro voo da liña regular que a partir de agora une Nova York e Santiago. Logo de 35 días pechada polas obras de renovación da pista, a terminal compostelá presenta un reforzo das conexións internacionais, coa ollada posta especialmente nos viaxeiros dos Estados Unidos | Desconvocada a folga de recollida do lixo en Vigo. O servizo quedou restablecido e comenzaron a ser retiradas as máis de mil toneladas de residuos acumuladas nas rúas. Foi unha vez que os representantes dos traballadores e da empresa concesionaria chegaran a un acordo | A piques de celebrar as probas de selectividade deste ano, un grupo de expertos galegos propón un cambio no modelo de avaliación para facer que os resultados sexan máis xustos e equitativos entre o alumnado das distintas comunidades | Exhibición en Balaídos, en Vigo, de manobras militares reais dos tres exércitos, a UME e a Garda Civil, dentro das actividades relacionadas coa celebración na cidade do Día das Forzas Armadas. 28-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado