Denuncia de maltrato animal nunha granxa de visón en Abegondo | Folga da recollida do lixo en Vigo | Xornada sobre doenzas intestinais, en Pontevedra
26/05/2026 00:25:01Animais que se automutilan, cadáveres en estado de descomposición e unhas instalacións en extrema suciedade. Son imaxes dunha granxa de visóns en Abegondo, enviadas de xeito anónimo e que dan lugar a unha denuncia presentada pola asociación ARDE ante a fiscalía da Coruña | En Vigo, continúa a folga do servizo de recollida do lixo, que supón máis de 300 toneladas diarias de residuos nas rúas, a pesar dos servizos mínimos. Os traballadores manifestáronse hoxe para reclamar melloras na negociación do convenio e reclaman a mediación do concello ante a empresa concesionaria | Máis de 27.000 persoas padecen en Galicia a enfermidade de Crohn ou colite ulcerosa. Doenzas intestinais crónicas para as que non existe cura. Os especialistas falan, nunhas xornadas organizadas en Pontevedra, de novos tratamentos orientados á prevención e á medicina personalizada | Un microconcerto para saír da rutina das aulas e estimular as ganas de aprender do alumnado. É a actividade 'Música a flor de pel', hoxe, nun centro de educación especial en Ourense. 26-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado