A Coruña celebra o regreso do Depor á Primeira | Acordo de PSOE, BNG e Sumar para a transferencia da AP-9 | Folga da recollida do lixo en Vigo
25/05/2026 00:10:03A Coruña, celebra a volta do Deportivo a Primeira división, logo de oito anos de espera. Esta tarde terá lugar a recepción oficial no pazo de María Pita. Alí os futbolistas celebrarán coa afección o acontecemento histórico para para o club e para toda a cidade | PSOE, BNG e Sumar chegan a un principio de acordo no Congreso dos Deputados para o traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia. As tres formacións din que é un paso previo para acadar a eliminación das peaxes | Segunda xornada da folga na recollida do lixo en Vigo, que coincide coa semana en que se celebra na cidade o Día das Forzas Armadas | O xogador do Celta Borja Iglesias xogará coa selección española no Mundial este verán | Tras 20 anos de traxectoria, o grupo Escuchando Elefantes publica o seu primeiro sinxelo orixinal en galego, "Arder". Un tema que fala da problemática dos incendios forestais. 25-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado