Telexornal Galicia 13-05-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 13-05-2026

Camioneiro morto na autovía Rías Baixas en Melón | Traballadores do metal maniféstanse en Vigo | Tanxugueiras presentan novo traballo

13/05/2026 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 13-05-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 13-05-2026
Telexornal Galicia 13-05-2026 00:25:01 13/05/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Pendurada dun viaduto da Autovía das Rías Baixas ao paso polo concello de Melón. Así quedaba a cabeza tractora dun camión articulado, tras sufrir un accidente. O condutor, de 50 anos resultou morto ao caer dende unha altura de 30 metros, nunha zona de difícil acceso | Os traballadores do metal enchen de novo ás rúas en Vigo e outras localidades da provincia de Pontevedra, na segunda xornada de folga, para reivindicar melloras salariais e de saúde laboral na negociación do convenio provincial | Ata o 20 por cento da poboación galega está en situación de pobreza enerxética. Así o indica a Xunta dentro da estratexia do Pacto Europeo polo Clima, unha iniciativa para implicar a cidadáns e institucións para lograr a neutralidade climática | É o último traballo discográfico de Tanxugueiras, "O Cuarto". Presentado cunha escenografía case teatral na praza do Obradoiro, para celebrar os dez anos do trío formado por Olaia Maneiro, Aida Tarrio e Sabela Maneiro sobre os escenarios. 13-05-2025

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado