Camioneiro morto na autovía Rías Baixas en Melón | Traballadores do metal maniféstanse en Vigo | Mil transplantes de pulmón no Chuac
13/05/2026 00:10:02Un camioneiro falecía esta madrugada nun aparatoso accidente na Autovía das Rías Baixas, en Melón, Ourense. Tras saírse da vía e bater contra un peitoril de protección a cabina quedaba pendurada nun viaduto e o condutor caía ao baleiro dende unha altura de trinta metros. Circulaba sen o cinto de seguridade | Nova xornada de folga do sector do metal na provincia de Pontevedra para reclamar un novo convenio colectivo | Os traballadores da Axencia Tributaria convocaron hoxe, tamén, un paro e anuncian mobilizacións para protestar polo bloqueo de negociacións sobre asuntos coma a carreira profesional, o dereito ó teletraballo ou a seguridade para os empregados de vixilancia aduaneira | O hospital da Coruña acada o milleiro de transplantes de pulmón dende que comezou a facer ese tipo de operacións, en 1999 | Nova exposición no Peirao da Batería, na Coruña. Acolle os traballos de catro fotógrafos galegos que acaban de rematar os seus estudos. A Fundación Marta Ortega financioulles unha residencia artística en Milán para que se especializaran na fotografía de moda. 13-05-2025
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado