O IPC sube un 3´4% en Galicia en abril | Nova mobilización do sector do metal en Vigo | A Coruña reúne especialistas en transplantes de todo o mundo
14/05/2026 00:24:20Alimentos como a carne, os ovos ou as hortalizas, con prezos ata un 13 por cento máis altos respecto a hai un ano. O IPC de abril confirma unha suba interanual do 3,4 por cento en Galicia, dúas décimas por riba da media do conxunto de España, cos combustibles tirando da inflación | Nova xornada reivindicativa para os traballadores do metal da provincia de Pontevedra. A negociación do convenio podería desbloquearse, mañá, nunha xuntanza convocada pola patronal | Tratamentos anovadores para evitar infeccións ou fórmulas para aumentar o número de órganos disponibles. Son os principais retos do transplante, que son debatidos nun congreso na Coruña, con 500 especialistas de todo o mundo | Santiago vive o día grande da Festa da Ascensión, a celebración máis importante da cidade despois do Apóstolo. Unha xornada con Alboradas tradicionais, desfile de Cabezudos e a Feira Cabalar, xunto cun programa de concertos que se prolonga ata a fin de semana. 14-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado