50 anos da catástrofe do Urquiola | A Xunta alega contra o Regulamento Xeral de Costas | Chegan a Santiago os peregrinos con diversidade funcional
12/05/2026 00:25:02Unha xigantesca nube de fume cubre o ceo da Coruña. É o incendio provocado trala explosión do Urquiola, o petroleiro que transporta máis de 100.000 toneladas de crú procedente do Golfo Pérsico. A maior catástrofe ecolóxica rexistrada na costa galega, da que hoxe se cumpren 50 anos | A Xunta reclama cambios no Regulamento Xeral de Costas que elabora o Goberno Central. Di que a actual redacción da normativa invade competencias autonómicas e podería poñer en risco instalacións asentadas no litoral de 86 concellos | Coidado dos pacientes nas comunidades rurais envellecidas, ou en centros hospitalarios de alta especialización. No día Internacional da Enfermeiría, as profesionais sanitarias reivindican a importancia do seu traballo | Chega a Santiago a peregrinación de máis de cen persoas dependentes e con diversidade funcional organizada pola Fundación San Rosendo de Ourense. Uha iniciativa en favor da inclusión e a loita contra a discriminación por idade. 12-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado