Folga do metal na provincia da Coruña | Alti alega contra o arquivo da macroplanta en Palas de Rei | O 60% dos galegos recoñecen problemas de sono
19/05/2026 00:10:06O conflito do sector do metal trasládase á provincia da Coruña, con mobilizacións nas principais cidades en demanda de melloras no convenio colectivo, que afecta a uns 15.000 traballadores | Vigo convértese no escaparate internacional da industria naval. A transición enerxética, a eólica mariña, a intelixencia artificial ou o auxe da defensa son algúns dos eixos da feira Navalia | Altri presenta alegacións contra o arquivo do proxecto de construcción da fábrica de celulosa no concello lugués de Palas Rei |Seis activistas galegos atópanse entre os capturados pola armada israelí cando viaxaban a bordo dunha flotilla humanitaria con destino a Gaza. A abordaxe tivo lugar a altura de Chipre | O 58 % dos galegos teñen problemas co sono. Case o 100% da poboación considera que o non durmir ben é un problema importante para a saúde pero tardamos en ir ó médico. Son datos do primeiro barómetro sobre trastornos do sono en España. 19-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado