A imputación de Zapatero, no Parlamento galego | Oposición veciñal na Laracha á planta de biogás | A importancia das abellas, no seu día mundial
20/05/2026 00:25:02A investigación xudicial a Rodríguez Zapatero provoca, no Parlamento, críticas de Alfonso Rueda aos socialistas galegos, aos que acusa de gardar silencio. O BNG fala de corrupción sistémica do bipartidismo, mentres o PSdeG mantén o apoio á figura do expresidente do Goberno | As organizacións ecoloxistas reaccionan ao anuncio de Altri de seguir adiante co seu proxecto de macroplanta de celulosa en Palas de Rei, mediante un sistema de coxeración eléctrica. Reclaman á Xunta que rexeite esa alternativa | Oposición veciñal ao proxecto de instalación dunha planta de biogás no concello coruñés da Laracha. A empresa promotora pretende procesar máis de 60.000 toneladas de residuos agrícolas e puríns da industria alimentaria | Hoxe, día mundial das abellas, para concienciar da importancia destes animais para a nosa supervivencia. Sen elas non habería flores nin froitas. No museo vivente da mel, en Arzúa, achegarémonos ao oficio do apicultor. 20-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado