A Coruña celebra o regreso do Depor á Primeira | Acordo de PSOE, BNG e Sumar para a transferencia da AP-9 | Folga da recollida do lixo en Vigo
25/05/2026 00:24:30Festa, por todo o alto, de madrugada. É a multitudinaria celebración, na Coruña, do regreso do Deportivo a Primeira División, oito anos despois, un período no que pasaron polo club 7 presidentes e once adestradores | Principio de acordo de PSOE, BNG e Sumar no Congreso dos Deputados para o traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia. As tres formacións din que formalizarán o pacto mañá e incluirá transferir todas as competencias na xestión da Autoestrada do Atlántico | Folga dos traballadores da recollida do lixo en Vigo, coas posturas moi distanciadas entre os sindicatos e a empresa concesionaria na negociación do convenio. Unha mobilización que coincide na semana que se celebra na cidade o Día das Forzas Armadas | Máis de 300 quilos de Algas recollidas na Plataforma flotante do Parrote, na Coruña, que serán empregadas para uso alimentario e agrícola. Unha actividade a cargo dunha empresa galega, con trinta anos de traxectoria. 25-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado