Telexornal Galicia 21-05-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 21-05-2026

Morre unha nena de dous anos dun golpe de calor en Brión | Novo protocolo contra o absentismo escolar |Xubilados franceses peregrinan en Mobilette

21/05/2026 00:23:57
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 21-05-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 21-05-2026
Telexornal Galicia 21-05-2026 00:23:57 21/05/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Loito en Brión pola morte dunha nena de dous anos, esquecida durante varias horas no interior dun coche, a causa dun golpe de calor. O pai aparcou o vehículo diante do seu negocio, despois de deixar ao irmán maior no colexio | A Xunta anuncia medidas fronte ao absentismo escolar. Un novo protocolo dixitalizado aplicarase no control e na revisión das faltas de asistencia do alumnado. Unha ferramenta informática que axilizará os procedementos e reducirá a carga burocrática dos docentes | Todolos polígonos de bateas, pechados pola toxina Lipofílica. Un fenómeno natural, propio da tempada de primavera, que este ano está a ser máis intenso do habitual e afecta tamén aos bancos marisqueiros, especialmente aos situados nas zonas externas das rías | Seis xubilados franceses recorren máis de mil quilómetros de peregrinación a Santiago en pequenos ciclomotores dos anos sesenta. Unha aventura humana e mecánica que o ourensán Domingo Díaz está a plasmar nun documental. 21-05-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado