Elena Candia, nova alcaldesa de Lugo trala moción de censura | Folga do Metal na provincia de Pontevedra | 10.500 euros, prezo record dunha vaca
07/05/2026 00:25:01Elena Candia é xa a nova alcadesa de Lugo. O Partido Popular recupera o poder nesa cidade, logo de 27 anos, mediante unha moción de censura, co apoio da concelleira exsocialista María Reigosa, que obtivo a acta trala morte de tres compañeiros de candidatura | Xornada de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra. Os covocantes, CIG UGT e CCOO consideran un éxito o seguemento, coa paralización prácticamente total da actividade nos asteleiros e empresas auxiliares, en demanda de melloras laborais no convenio colectivo | As combinacións que usamos a diario como identidade dixital poden ser descifradas en cuestión de segundos grazas ás novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles. Así o advirten os expertos en ciberseguridade no día Mundial do Contrasinal | Chámase Linda, pesa máis dunha tonelada e criouse en Chantada. Acaba de bater o récord como a vaca máis cara vendida ata agora na feira de Silleda ao superar os 10.500 euros. O seu criador, Emilio, di que ainda así, perde cartos. 07-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado