Telexornal Galicia 08-05-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 08-05-2026

Primeiras xestións de Elena Candia na alcaldía de Lugo | Acordo da Xunta cos méridos para retomar as “peonadas” | Ciencia escolar, en Pontevedra

08/05/2026 00:25:00
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 08-05-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 08-05-2026
Telexornal Galicia 08-05-2026 00:25:00 08/05/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Elena Candia reúnese cos representantes dos traballadores do concello, no seu primeiro día como alcaldesa de Lugo, trala moción de censura. Os populares apelan a legalidade desa fórmula para chegar ao goberno municipal, mentres socialistas e BNG confían en que será castigada polos electores dentro dun ano | Os médicos volverán facer "peonadas" nos hospitais fóra da xornada habitual, para aliviar as listas de agarda, tralo acordo acadado entre a consellería de Sanidade e o sindicato maioritario O'Mega | Investigacións sobre a cor das hortensias, o efecto dos vapeadores ou as Cantigas de Alfonso X. Son algúns dos proxectos presentados por alumnos na feira escolar de divulgación científica que hoxe comenza en Pontevedra | Considerada a primeira orquestra folk de Galicia, nacida anos ao abeiro da escola municipal de música de Vigo, SonDeSeu celebra un cuarto de século de actividade sobre os escenarios, cun concerto especial coa participación de figuras destacadas da música galega. 08-05-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado