Primeiras xestións de Elena Candia na alcaldía de Lugo | Confirmados casos de sarna en Vila de Cruces |O Obradoiro xógase o ascenso ante o Guipuzcoa
08/05/2026 00:09:55Primeira xuntanza oficial de Elena Candia como alcaldesa de Lugo con traballadores do Concello, trala tensa moción de censura. Tamén recibe as primeiras críticas, por retirar unha bandeira de Palestina dun edificio municipal | Sanidade confirma dous casos de sarna en Vila de Cruces, e mantén en vixilancia a varias persoas. A enfermidade contaxiosa, que non é grave, voltou con intensidade, a nivel mundial, desde 2020 | Hoxe celebrouse a gala do concurso "Cantamos coas mans" da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Un certame para visibilizar e normalizar a lingua de signos | Xornada de moita emoción no baloncesto galego. Dous equipos poderían regresar á liga ACB: o Leyma Coruña e o Monbus Obradoiro. O partido que o decidirá xogarase esta noite entre o Obra e o Inveready Guipuzcoa. 08-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado