Comercios de textil e calzado pechados pola folga | Corentena para o veciño de Cariño do barco con Hantavirus | Os premios Feroz repetirán en...
11/05/2026 00:25:02Establecementos das grandes franquicias, pechados pola folga de traballadores do comercio téxtil e do calzado, convocada pola CIG, co apoio de UGT. Piden a renovación dos convenios provinciais, en lugar do que a patronal está a negociar a nivel estatal cos outros sindicatos | Xa está a cumprir corentena o ornitólogo de Cariño Ricardo Hevia, no Hospital Gómez Ulla, de Madrid, xunto cos demáis pasaxeiros españois evacuados do cruceiro afectado polo gromo de hantavirus. Todos están asintomáticos | Os Premios Feroz seguirán en Pontevedra, por terceiro ano consecutivo.A gala da Asociación de Informadores Cinematográficos celebrarase na cidade do Lérez o 23 de xaneiro de 2027 | Recepción na presidencia da Xunta aos xogadores e a directiva do Mombus Obradoiro, que confirmou o seu ascenso á liga ACB. Un regreso á elite do baloncesto que pode supoñer para a cidade de Santiago un impulso económico de máis de tres millóns de euros. 11-05-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado