Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

No Museo de Pontevedra desembalouse esta mañá o cadro de Castelao "A derradeira leición do mestre" que chegou procedente de Bos Aires grazas a unha cesión do Centro Galicia da capital arxentina. O cadro, homenaxe do rianxeiro a Alexandre Bóveda fusilado en agosto do 36, estará exposto xunto a outros obxectos e obras de Castelao a partir do 25 deste mes

Ante a chegada a Pontevedra do cadro de Castelao, Valentín García Bóveda lembra que foi pintado en homenaxe a Alexandre Bóveda, para conmemorar o Día da Galiza Mártir, instaurado polos exiliados galegos en Bos Aires. Lamenta que a incomodidade desta celebración para algúns estamentos impedira que o parlamento aprobase a súa petición para instaurar esa data como oficial.

As galerías de arte son espazos clave para visibilizar o traballo dos artistas. En Ourense, só quedan tres privadas. Unha delas é a de Mari Carmen Vidal Souto, unha muller octoxenaria que se resiste a pechala, malia a perda de público. A galería está a celebrar o seu trinta aniversario cunha exposición colectiva que reúne medio cento de obras de artistas fieis a este espazo de resiliencia e liberdade. Esta mostra serve tamén de homenaxe a seu irmán, falecido hai cinco anos.  

O Son do Camiño coloca de novo a Santiago como cabeza de cartel no calendario nacional de eventos musicais. Este xoves 18 de xuño arranca unha nova edición e, como en todas as anteriores, as entradas están prácticamente esgotadas. Serán tres días de concertos e a previsión é que asistan 42.000 persoas cada xornada.

No Monte do Gozo ultiman os preparativos antes de que cheguen os artistas. O director de comunicación de Bring The Noise, unha das promotoras do festival, explica que levan case dous meses traballando sen descanso para que todo saia perfecto. "Son muchas horas de trabajo, mucho equipo... Para montar este festival tenemos que contar con 1.500 personas trabajando directamente". O recinto ten tres escenarios que acollerán máis de 40 actuacións.

Abonados e socios do Deportivo deciden dende hoxe e ata o domingo pola tarde se queren ou non cambiar o nome do club. Substituír a nomenclatura de sempre, en castelán, polo topónimo oficial da Coruña, en galego. O resultado da consulta é vinculante e ratificarase na xunta de accionistas que terá lugar o próximo día 23 de xuño. A idea deste referendo para galeguizar o nome do equipo coruñés partiu dun proxecto educativo do instituto público Rafael Dieste.

Celebración por todo o alto do histórico empate a cero entre España e Cabo Verde no Mundial de Fútbol. O debut absoluto da selección africana supuxo unha festa de integración en Burela, que alberga a maior comunidade caboverdiana de España, asentada na Mariña desde hai medio século. O 10% da súa poboación é orixinaria do arquipélago africano e o empate viviuse como se fose unha vitoria. Na pantalla xigante colocada polo Concello, a festa do fútbol foi tamén a festa da irmandade entre Burela e Cabo Verde.  

A primavera de 2026 foi unha das máis cálidas e secas da historia en Galicia. Choveu un 48% menos do habitual entre marzo e maio e as temperaturas foron excepcionalmente elevadas. A Axencia Estatal de Meteoroloxía prevé que o verán, que empeza este domingo, será tamén especialmente cálido e amosa dúbidas canto ao nivel de precipitacións. A comunidade encara as festas de San Xoán con tempo estable. E de cara ao eclipse do 12 de agosto, a AEMET prevé un 70% de probabilidade de que esté nubrado na Mariña, fronte a un 30-35% na zona da Coruña.

Carmen naceu ás 26 semanas. Pesaba 900 gramos e tiña moi poucas posibilidades de sobrevivir. Estivo na UCI dous meses, que seus pais lembran como moi duros, e tivo que superar moitas dificultades. A asociación de APREM, que xurdiu no ano 1999 como un grupo de autoaxuda, é un gran apoio para as familias dos nenos prematuros. Segundo os datos do INE, o 7% dos nacidos fano antes da semana 37 de xestación.

Facultativos galegos concentráronse este martes ante o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, no segundo día da quinta semana de folga intermitente convocada en todo o Estado para reclamar un Estatuto Marco propio que recoñeza as particularidades da profesión. Anuncian paros indefinidos a partir de setembro se o Ministerio de Sanidade non atende as súas peticións. Segundo a Consellería de Sanidade, esta folga nacional tivo un seguimento de máis do 15% en Galicia durante a mañá.  

A IA está a ser utilizada para detectar columnas de fume a través de cámaras de vixilancia espalladas por todo o territorio. Desde hai dous anos, os técnicos de sistemas informáticos da Consellería do Medio Rural veñen adestrando un algoritmo baseado nunha rede neuronal con miles de imaxes e datos co obxectivo de reducir os tempos de reacción dos servizos de emerxencias ante un novo incendio. A Xunta incrementou de 181 a 241 os dispositivos de vixilancia da rede despregada en 2018, con especial atención ás zonas de alto risco. O coordinador de sistemas informáticos da Dirección Xeral, Gustavo Álvarez, detallou que o "sistema aliméntase dunha cantidade inxente de imaxes" e aprende a discernir entre falsas alarmas e incendios reais. Ademais, pode detectar fume "alá onde non chega un ollo experto", incluso a 25 quilómetros de distancia.

Ademais, desde este martes xa se pode descargar unha aplicación para que a cidadanía poida enviar alertas de incendios directamente aos Centros de Coordinación Provinciais de Defensa contra os Incendios Forestais. Chámase Alume e está dispoñible para iOS e Android. Esta app só require que o usuario estea xeolocalizado na contorna visual do incendio e permite subir fotografías, audios e comentarios. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou que se trata de dúas ferramentas "fundamentais" para acelerar a detección dos incendios e reducir os tempos de resposta, que actualmente se sitúan nos 20 minutos de media.

Un home de 31 anos resultou morto no transcurso dunha operación policial contra o narcotráfico na aldea de Corvillón, en Cambados (Pontevedra). O falecido, un dos investigados por tráfico de drogas, chegou ferido de bala ao Hospital do Salnés. Ao parecer recibiu un tiro por parte dun axente. A operación, con alomenos 12 detidos, foi declarada segreda e non se descartan máis arrestos nas próximas horas.

El incendio de Padrón, en A Coruña, ha quemado ya 350 hectáreas y, aunque aún no está controlado, la situación es favorable.

La situación ha mejorado respecto a la víspera, cuando un flanco se reactivó y la Xunta decidió activar la Situación 2 como prevención ante la proximidad del fuego a dos núcleos de Carcacía, Sobrerribas y Cruxeiras de Abaixo.

Actualmente, no se aprecian llamas en el fuego y los medios de extinción movilizados trabajan en perimetrar con buldócer todo el área.

Foto: Xoán Rey/EFE

O 95% dos adolescentes galegos xa teñen o seu propio teléfono ao chegar a segundo de ESO. Así o reflicte o estudo Infancia, adolescencia e benestar dixital en Galicia 2026 elaborado por Unicef en colaboración coa Universidade de Santiago, tras unha enquisa a case 3.400 escolares da comunidade. Alerta dunha realidade preocupante: aínda que baixan riscos coma o do sexting, medra a ansiedade e a violencia dixital.