Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Peches en grandes franquicias pola folga de traballadores do comercio téxtil e do calzado convocada pola CIG con apoio de UGT. Unha folga coa que reclaman que a negociación para renovar os convenios se faga a nivel provincial. Consideran que lles prexudicará a aplicación dun convenio estatal que están a negociar o resto de sindicatos cos empresarios do sector.

Sonia García Durán, subcampioa de España no concurso para elixir aos mellores camareiros do país. Ela foi a mellor preparando café e un cóctel. Formada na Escola de Hostalería de Santiago esta moza de 24 anos aspira a converterse en mestra de futuros camareiros. De momento traballa nunha céntrica cafetería de Santiago onde lle gusta servir novos cócteles que vai inventando.

O colexio ourensán Terras de Maside e o instituto coruñés A Sardiñeira foron os grandes protagonistas da novena edición do concurso 'Cantando coas mans', no que participaron quince centros educativos. O certame, organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, ten como obxetivo visibilizar e normalizar a lingua de signos. Na gala, que tivo lugar na Cidade da Cultura, actuaron os alumnos gañadores do premio do xurado e o premio do público e tamén os catro colexios galardoados coa mención de honra.

El PP ha arrebatado la alcaldía de Lugo al PSOE gracias al apoyo de una tránsfuga del PSOE. Con 13 votos frente a 12, los populares han sacado adelante esa votación que ha puesto fin a 27 años de gobiernos de izquierdas. El PSOE habla de traición, el PP defiende que Lugo necesitaba un cambio.

Mientras, fuera del consistorio, los vecinos protestaban contra la iniciativa del PP.

Imagen: EFE/ Eliseo Trigo

No ha habido sorpresas y el PP se ha hecho este jueves con la alcaldía de la ciudad de Lugo. Elena Candia es la nueva regidora de la ciudad tras presentar una moción de censura contra Miguel Fernández, que lideraba un gobierno de coalición de PSOE y BNG. Candía, la cuarta alcaldesa del presente mandato, se ha hecho con el bastón de mando gracias al apoyo de la ex edil socialista, María Reigosa, que ha protagonizado numerosas confrontaciones con su partido.

Imagen: EFE/ Eliseo Trigo

Acaba de presentarse o festival de Cans, que entre o 19 e o 23 deste mes volverá a encher de "agroglamour" esta parroquia do Porriño (Pontevedra). Máis dun cento de obras vanse proxectar no certame coa presenza do director Julio Medem. Será homenaxeado o actor Celso Bugallo falecido en decembro.

Sorprendentemente están ben as vacas que a pasada fin de semana protagonizaron un rescate case de película. Tiveron que ser evacuadas en helicópero despois de quedar atrapadas nun barranco da Ribeira Sacra onde fuxiran seguramente asustadas polo lobo. Os seus donos están moi agradecidos pola axuda que recibiron tanto dos veciños coma da administración autonómica que asumiu o custo do helicóptero.