Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un lotero de A Coruña ha sido condenado a tres años y seis meses de prisión por un delito de estafa agravada tras quedarse en 2012 con un boleto de la Primitiva premiado con 4,7 millones de euros. El fallo, que aún puede ser recurrido ante el Supremo, obliga a abonar conjunta y solidariamente con Loterías del Estado la suma del premio. El dueño del boleto era un jubilado que falleció en 2014 sin saber lo ocurrido.

La sección segunda de la Audiencia Provincial de A Coruña considera probado, en una sentencia conocida este jueves, que Manuel Reija ocultó a su verdadero dueño que el boleto tenía premio. Lo inhabilita para el ejercicio de cualquier profesión relacionada con la actividad lotera de titularidad estatal durante el tiempo de la condena.

La sentencia, que le atribuye un delito de estafa agravada, con la concurrencia de la atenuante de dilaciones indebidas, subraya que el lotero "actuó con ánimo de lucro, creando una falsa certeza en la víctima sobre la inexistencia del premio, lo que le permitió quedarse con el boleto y su correspondiente premio".

Foto: EFE

Preocupa a repunta das taxas de criminalidade que se está a producir no mundo logo da pandemia

Congreso de criminoloxía na Coruña

Na Universidade da Coruña celébrase un congreso sobre criminoloxía no que 400 expertos debaten sobre os novos retos desta ciencia. Preocúpalles a subida das taxas de criminalidade que se está a producir no mundo logo da pandemia. En Galicia tamén, malia que rexistra unha das cifras máis baixas de Europa. Esta disciplina abrangue aspectos como a violencia de xénero, o narcotráfico ou conflitos veciñais.

Aparcar nas cidades é unha tarefa complicada.

ConPlaza é unha aplicación para o móbil que axuda ás persoas a encontrar aparcamento.

O sistema, creado por un mozo pontevedrés, pon en contacto aos usuarios que pactan un prezo para alugar prazas de aparcamento por horas ou días.

Hai xa máis dun cento de persoas rexistradas en Pontevedra. O servizo, que xa está a funcionar noutras cidades, prepárase para chegar aos chamados "leira parking" das praias na tempada de verán.

O arquitecto responsable da polémica reforma do Hostal dos Reis Católicos rompe o seu silencio e defende os tubos metálicos que atravesan as gárgolas. Di que é a mellor solución para protexer o edificio da auga da chuvia. "A mellor solución é necesariamente a menos mala".

Nunha conferencia organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia, respondeu ás críticas que leva meses recibindo e desmontou unha a unha tódalas alternativas posibles. Cre que as gárgolas teñen que manter a súa función orixinal.

O Sergas arranca a campaña de doazón de sangue de cara ás necesidades de verán. O obxectivo, conseguir 400 doazóns por día. O conselleiro de Sanidade asegura que non se pecharán camas hospitalarias no período estival e que se cubrirán as necesidades de atención médica.

Colectivos ambientalistas celebran o Día dos océanos cunha limpeza na praia de Riazor, na Coruña, e coa mensaxe de non contaminar a fonte de vida que son os oceános. A Consellería de Medio Ambiente súmase á proposta e pide conciencia para non contaminar o mar, que baña dous mil cincocentos quilómetros de costa en Galicia

Quen queira coñecer Galicia sen utilizar o coche, pode facelo viaxando nos trens turísticos que percorren o territorio de xuño a outubro. Este programa ofrece trece rutas nas que se combina a viaxe en tren con itinerarios guiados para coñecer o noso patrimonio, a nosa gastronomía e os nosos viños.

Procedentes das illas do Pacífico, máis de 200 pezas da colección do Museo Británico, chegan a Santiago para abraiarnos coa riqueza e a creatividade das culturas de Oceanía. Ata finais de novembro, o Museo Centro Gaiás mergúllase nun océano repleto de vida, xentes e conexión.

O xoves de Corpus Christi non se entende en Redondela sen a tradicional Festa da Coca. O traslado da virxe A Gabacha, a gran protectora dos veciños, acompañada pola danza das espadas nunha vila chea de alfombras florais.