Enlaces accesibilidad

Vákner, o lobishome do Camiño que aterraba os peregrinos, ten estatua en Dumbría

  • A lenda di que se lle apareceu, no século XV, a un bispo armenio indo cara Fisterra
  • O concello prevé atraer a moitos camiñantes e mañá celebra alí un concerto con Luar na Lubre

Por
Vákner, o lobishome do Camiño

Esta semana retiráronlle o envoltorio á estatua. Cadraba que pasaba por ese treito do Camiño ata Fisterra un grupo de peregrinos canarios que, lonxe de botaren a correr coa sorprensa do monstro, sacaron fotos.

Terra de lobos

Esa terra, no Marco do Couto, na prolongación do Camiño de Santiago ata Fisterra, é terra de lobos.

Todo empezou cando os historiadores atoparon un escrito do século XV, obra dun peregrino, bispo de Armenia, Mártir de Azendján, que relata que nese monte viu un monstro moi fero e que caravanas de persoas non podían pasar. El conseguiuno grazas á axuda divina. Chamoulle Vákner.

A figura máis máis lóxica sería a do lobishome, que xa daquela formaba parte do mundo das crenzas

"A figura máis plausible, a máis lóxica, sería a do lobishome, que xa daquela formaba parte do mundo das crenzas, presente nas nosas tradicións aínda hoxe. E aí está a estatua de Vákner, entendido como un gran lobishome", sinala o historiador Antón Pombo.

5 metros de alto e 1.300 kg

A estatua mide 5 metros de alto e pesa 1.300 kilos. Está feita de bronce e aceiro inoxidable. Di o escultor que non hai temporal que a mova.

"Se Deus quere e non vén por aí alguén cunha rebarbadora e intenta levala ao lombo,"advirte o autor da escultura, Cándido Pazos.

O alcalde de Dumbría recoñece a importancia da estatua para a economía local.

A última etapa dura é pasar polo Vákner no Marco do Couto

"A última etapa dura é pasar polo Vákner no Marco do Couto. Unha vez que o pasas é cando obtés a limpeza física e por eso hai que chegar a Fisterra e deixar a roupa, as botas, e aí é onde volves recuperar o corpo", di o alcalde José Manuel Pequeño.

Este sábado pola noite celebran alí un concerto, con Luar na Lubre, Víctor Manuel, Ismael Serrano xunto a artistas locais. Luar na Lubre dedicáralle un tema a Vákner, que claro que van interpretar mañá.