Enlaces accesibilidad

O hispanista Ian Gibson estrea no festival de Cans as súas investigacións na busca dos restos de García Lorca

  • Protagoniza Donde acaba la memoria, do vigués Pablo Romero-Fresco, seguindo os pasos de Buñuel e o poeta granadino
  • Dixo que atopar os restos do poeta é o símbolo dos cen mil mortos do franquismo que seguen en foxas comúns

Por
Ian Gibson en Cans: Trala pegada de Lorca

O rei emérito

Ian Gibson falou en Cans de Lorca, o franquismo e tamén do rei emérito Juan Carlos.

Preferiría ver a Felpe VI como presidente de la III República

"No me hace ninguna gracia del del rei emérito, ni lo del elefante, ni lo de las cuentas. Preferiría ver a Felpe VI como presidente de la III República.

Lorca e as foxas do franquismo

Gibson leva décadas investigando a represión franquista e buscando os restos de Lorca.

Di que a xustiza española o segue impedindo e que atopalos será un símbolo de todos os asasinados.

No puede ser tener más de cien mil muertos todavía en fosas comunes

"No puede ser tener más de cien mil muertos todavía en fosas comunes, no puede ser".

Protagoniza o documental "Donde acaba la memoria", do vigués Pablo Romero-Fresco, estreado en Cans, xunto a outras tres longas e 25 curtas a concurso.

O directo do festival, Alfonso Pato, resalta a importancia do certame.

"Imos descubrir moitos e moitas novos creadores que non estaban no radar da xente"

Despois da pandemia,  o festival recuperou espazos, torreiro, os baixos das casas como salas de exhibición e o desfile de chimpíns.