Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Dársenas baleiras nas estacións de autobuses, pola folga no transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña. Os traballadores reclaman melloras na negociación do convenio. En Santiago os piquetes impediron, a primeira hora, a saída dos servizos mínimos | Esta tarde arranca a campaña extraordinaria de vacinación da gripe a nenos, de entre seis meses e 11 anos. A Consellería de Sanidade di que é o colectivo no que máis está a aumentar a transmisión do virus| Previsións de ocupación que roldan o 60 por cento en Santiago, de cara a ponte festiva. O sector di que afecta negativamente a meteoroloxía desfavorable e a reducción de ata 90 operacións no aeroporto de Lavacolla tralo peche da base de Ryanair | A banda Nova Era, de Verín, con máis de 40 músicos, cumpre dez anos de carreira cun estilo que vai máis alá do estandar tradicional. Composicións propias e arranxos de música pop ou jazz. Celébrano esta fin de semana cun espectáculo en Ourense

Moitos viaxeiros afectados, nas estacións de autobuses, pola folga do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña. Os traballadores reclaman melloras salariais e reducción de xornada | A partir das catro da tarde uns 33.000 nenos menores de 11 anos están chamados a vacinarse da gripe. Serán inmunizados nos hospitais hoxe e toda a xornada de mañá | A ponte da Constitución arranca en Santiago cun 15% menos de ocupación que o ano pasado; o mal tempo e a redución de voos están detrás deste descenso, segundo os representantes do sector. Aínda así, os portais de viaxes sitúan á capital na lista dos 10 destinos nacionais favoritos nestas datas | | Comeza o Concurso Internacional de Saltos de Casas Novas, en Arteixo. Unha competición que reúne a figuras consagradas da hípica. Tamén é un escaparate para descubrir novos talentos

Folga no transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña. En Santiago os piquetes impiden, a primeira hora, a saída dos servizos mínimos | Arranca a campaña extraordinaria de vacinación da gripe a nenos, de entre seis meses e 11 anos | Previsións de ocupación que roldan o 60 por cento en Santiago, de cara a ponte festiva | Investigado por homicidio o condutor considerado responsable do accidente ocorrido no concello ourensán de Muíños | Comeza o Concurso Internacional de Saltos de Casas Novas, en Arteixo | A banda Nova Era, de Verín, con máis de 40 músicos, cumpre dez anos de carreira cun estilo que vai máis alá do estandar tradicional

Fin de semana pasada por auga, con chuvias, máis persistentes e intensas na noite do venres ó sábado. Alerta porque por ata 40 litros por metro cadrado en apenas 12 horas en Pontevedra e no sur de Ourense. Tamén na costa norte alerta laranxa por ondas de ata 6 metros e vento forte

O Ourense continúa a sua xesta na Copa, ao eliminar ao Girona, segundo equipo de primeira división que deixa fóra no que vai de competición no estadio do Couto. Agora o soño continúa coa posibilidade de enfrontarse a algún dos máis grandes | Volve a mobilización contra o proxecto de Altri en Palas de Rei. A Plataforma de colectivos opostos á macroplanta de celulosa insisten en reclamar que a Xunta denegue defintivamente o permiso á multinacional | As previsións apuntan a unha ocupación de máis do 80 por cento en para a ponte festiva en Vigo, ainda que no portal de Reservas Destinia deixa de estar entr os dez máis favoritos para estas datas | A Casa da Parra, na praza da Quintana, é unha das protagonistas da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa con visitas guiadas a espazos históricos habitualmente pechados ou poco coñecidos da cidade de Santiago

Nova fazaña do Ourense que elimina ao Girona da Copa, segundo equipo de primeira división que deixa fóra no que vai de competición no estadio do Couto. Agora o soño continúa coa posibilidade de enfrontarse a algún dos máis grandes | A Plataforma de colectivos opostos á macroplanta de Altri insisten en que, pese a non contar polo de agora co apoio de fondos públicos, a multinacional segue adiante co seu plan. Reclaman que a Xunta lle denegue defintivamente a autorización | As previsións apuntan a unha ocupación de máis do 80 por cento en para a ponte festiva que comenza mañá, en Vigo. A cidade luce o seu maior atractivo de inverno co as luces do Nadal | | A pianista compostelana Isabel Dobarro está presentando o seu último traballo que foi premiado este ano co grammy latino a mellor album de música clásica

Nova fazaña do Ourense que elimina ao Girona da Copa, segundo equipo de primeira división que deixa fóra no que vai de competición no estadio do Couto | Os colectivos opostos á macroplanta de Altri reclaman a Xunta que denegue defintivamente o permiso | Avogados e procuradores piden mellores condicións laboráis para a quenda de oficio | Previsións dunha ocupación de máis do 80 por cento para a ponte festiva en Vigo, ainda que no portal de Reservas Destinia deixa de estar entre os dez favoritos | A Casa da Parra, unha das protagonistas da Semana do Patrimonio Invisible, con visitas guiadas a espazos históricos poco coñecidos de Santiago

Situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Nubes e claros con chuvascos máis intensos na metade norte, que van perdendo frecuencia e intensidade co paso do día. Nos cumios máis altos os chuvascos serán en forma de neve. No mar segue a alerta laranxa con ondas de ata 6 metros e temporal de vento

Volve a actividade aos bancos marisqueiros, tralo peche pola toxina, a tempo para a campaña de Nadal, a máis importante do ano. Os mariscadores intentan tamén loitar contra á ouxa, un peixe depredador do marisco que nalgunhas zonas está a converterse nunha praga | A alarma pola peste porcina africana leva a Xunta e as organizacións do sector a anunciar unha fronte común. Piden intensificar a emerxencia cinexética e establecer compensacións económicas para as explotacións | Inditex dispara a sua cotización bursatil un nove por cento, tras declarar un novo récord de beneficios, de 4.622 millóns nos nove primeiros meses do ano. Supera os 28.000 millóns de facuración, por riba das previsións | Visibilizar o talento para a danza e a música das persoas con discapacidade. É o espectáculo SuperaArte, que chega por primeira vez a Galicia, no día internacional dedicado a este colectivo

Os bancos marisqueiros recuperan parcialmente a actividade, tralo peche pola toxina, O sector confía en salvar a campaña de Nadal, a máis importante do ano | A alarma pola peste porcina africana leva a Xunta e as organizacións do sector a anunciar unha fronte común. Nunha xuntanza en San Caetano, ambas partes coinciden en reclamar que se intensifique a emerxencia cinexética | O grupo Inditex rexistra un beneficio neto de 4.622 millóns de euros nos nove primeiros meses do exercicio fiscal. É un novo récord para a compañía e supón case un catro por cento máis que o ano anterior | A Consellería de Sanidade fai un novo chamamento especial á vacinación contra a gripe, neste caso dirixida a 33.000 menores, entre seis meses e once anos, que serán citados esta fin de semana nos recintos hospitalarios | Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio. Son as seis finalistas para ser elexidas palabra do Ano 2025

Volve a actividade aos bancos marisqueiros, tralo peche pola toxina. O sector confía en salvar a campaña de Nadal, a máis importante do ano | Xunta e representantes do sector porcino anuncian unha fronte común ante as consecuencias da peste africana | Inditex dispara a sua cotización bursatil un nove por cento, tras declarar un novo récord de beneficios, de 4.622 millóns nos nove primeiros meses do ano | Chamamento á vacinación contra a gripe, dirixido a 33.000 menores, entre seis meses e once anos, esta fin de semana nos hospitais | Visibilizar o talento para a danza e a música das persoas con discapacidade. É o espectáculo SuperaArte, que chega por primeira vez a Galicia

Ceos con intervalos nubrados e chuvascos illados. Pola tarde as chuvias irán aumentando dende a franxa atlántica cara o leste, e serán xeneralizadas e localmente fortes. A cota de neve, arredor dos 1000 metros. As temperaturas mínimas en descenso e as máximas continuan sen cambios

O gando volve ás feiras como a de Silleda, despois de cinco semanas de restricións pola dermatose nodular. Os prezos da carne manteñense á alza, tal como admiten os propios tratantes | O paro rexistrado cae en 1.814 persoas no mes de novembro en Galicia. Unha baixada do 1´6 por cento. Os afiliados á Seguridade Social descenden, tamén, en máis de 2.000 | Polémica entre os consumidores pola baliza V16, un dispositivo invento de dous antigos garda civis galegos, que se convérte en obrigatoria a partir de xaneiro, para sustituir aos triángulos de emerxencia. Os expertos advirten de buscar produtos homologados para evitar multas de 80 euros | As estatuas do Mestre Mateo que formaban parte do conxunto do Pórtico da Gloria volven a Santiago, logo da sentenza do Supremo que obrigou á familia Franco a devolvelas. Serán exhibidas no Museo do Pobo Galego a partir do día 11

Reapertura da feira de Silleda, tralas restriccións pola dermatose nodular. Gandeiros e tratantes recoñecen que o prezo da carne está cada vez máis alto, con categorías como os becerros carniceiros que se pagaron ao prezo record de 1.800 euros | A Xunta advirte que a falta de acordo para a descentralización da Facultade de Medicina de Santiago pode dar pé a reclamación de novas facultades na Coruña e Vigo. En todo caso, di que a oferta total de prazas non subirá das 400 actuais | O número de parados en Galicia baixou no mes de novembro respecto ao mes anterior en 1.800 persoas desempregadas menos. Tamén descendeu o número de afiliados á Seguridade Social | Os profetas Abraham e Isaac, esculpidos en pedra polo Mestre Mateo, volven a Santiago dende Meirás, en Sada a onde as levara Carmen Polo, a muller de Franco, hai 70 anos.

Reapertura da feira de Silleda, tralas restriccións pola dermatose nodular, con presos record da carne | A Xunta advirte que a falta de acordo para a descentralización da Facultade de Medicina pode derivar na creación de novas facultades, pero dí que o finazamento non aumentará | O paro rexistrado cae en 1.814 persoas no mes de novembro en Galicia. Unha baixada do 1´6 por cento |Polémica entre os consumidores pola baliza V16, un dispositivo invento de dous antigos garda civis galegos, que se convérte en obrigatoria a partir de xaneiro, para sustituir aos triángulos de emerxencia| As estatuas do Mestre Mateo que formaban parte do conxunto do Pórtico da Gloria volven a Santiago |

Toda a costa en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 6 metros. Temporal no mar nunha xornada de moita inestabilidade atmosférica con chuvascos xeneralizados durante todo o día, localmente poden vir acompañados de treboada e de saraiba. Baixan as temperaturas e tamén a cota de neve ata os 800-900 metros ó final do día

Retencións e coches amoreados nas rúas do centro de Vigo, nunha xornada festiva en Portugal. O Concello activa o nivel máximo de restricións no Plan de Mobilidade do Nadal | Iniciativa do BNG para reclamar a retirada de símbolos franquistas en Vigo. O deputado Néstor Rego referíuse á Cruz ubicada no Castro dende 1961. Pide que se inclúa no catálogo de símbolos a eliminar pola Lei de Memoria Democrática | Máis de 30.000 persoas entre 60 e 69 anos participan no plan especial de vacinación contra a gripe e a covid, nos hospitais. O obxectivo, reforzar a inmunidade antes da chegada do pico da vaga, previsto para final de ano | Hoxe comprobamos o traballo, en pequenas granxas da provincia de Ourense, para recuperar o porco celta, unha raza que chegou a estar case desaparecida aínda que fora a máis abondosa en Galicia, ata que a comenzos do século XX chegaron as variedades foráneas

Plan de Mobilidade afecta as entradas á cidade e restrixe o tráfico no centro a só os residentes e servizos públicos. Tamén moitas rúas mudan de sentido, o que complica a circulación | o BNG volveu esixir hoxe a retirada da cruz do Castro, o máis polémico símbolo considerado franquista que queda nun lugar público da cidade | A Xunta aproba a oferta de emprego público deste ano, coa convocatoria de 1.103 prazas de emprego público, das que 800 son de acceso libre e 300 de promoción interna | Produtores de porcino reclaman un plan de continxencia e o control do xabarín ante o gromo de peste africana rexistrado na provincia de Barcelona |Citación extraordinaria para previr contaxios e hospitalizacions antes de Nadal, xa que se estima que o pico pode producirse entre finais de decembnro principios de xaneiro

Retencións e coches amoreados nas rúas do centro de Vigo, nunha xornada festiva en Portugal | Máis de 30.000 persoas entre 60 e 69 anos participan no plan especial de vacinación contra a gripe e a covid, nos hospitais | Iniciativa do BNG para reclamar a retirada de símbolos franquistas en Vigo como a Cruz do Castro | A Xunta aproba a oferta de emprego público deste ano, coa convocatoria de 1.103 prazas de emprego público | Produtores de porcino reclaman un plan de continxencia e o control do xabarín ante o gromo de peste africana rexistrado na provincia de Barcelona

Unha profunda borrasca localizada no Atlántico norte, cunha fronte activa asociada, trae precipitacións que se irán estendendo pola tarde e serán intensas e xeneralizadas xa pola noite. Nas últimas horas serán de neve nas zonas máis altas do leste. As temperaturas mínimas experimentan un lixeiro ascenso e as máximas sen demasiados cambios

Os traballadores da cerámica de Sargadelos seguen sen poder entrar ás instalacións, logo do ERTE presentado polo propietario da empresa, Segismundo García, que alega causas de forza maior, tras unha inspección de traballo rutinaria | A Consellería de Sanidade pon hoxe en marcha un novo estudo de vacinación, no que están chamadas a participar todas as persoas maiores de 60 anos. O obxectivo é avaliar a efectividade da vacina do virus sincitial para evitar problemas pulmonares graves neste grupo de poboación | Un gasto de 200 euros por persoa. E a estimación da Unión de Consumidores para este Black Friday en Galicia, cunhas vendas que xa superan ás das rebaixas de xaneiro. Advirten de estar alerta ante posibles fraudes | Compón música dende os nove anos e dende os 13 dedícase tamén a investigar sobre a física cuántica. Rakhat-Bi, coñecido como o Mozart de Kazaquistán. Comparte a sua dedicación a música de vangarda coa ciencia máis avanzada. Ofrece hoxe un concerto en Santiago

Desconcerto dos traballadores de Sargadelos, que non poden acceder á fábrica, ante o Expediente de Regulación Temporal de Emprego presentado por sorpresa polo propietario | Terceiro día do paro convocado en Atención Primaria, sumouse o persoal técnico de coidados auxiliares de enfermeria que reclaman un recoñecemento na súa categoria laboral | A partir de hoxe, toda a poboación maior de 60 anos está chamada a participar no estudo SINCIGAL. O obxectivo é avaliar a efectividade da vacina do virus respiratorio sincitial neste grupo de idade | Os galegos gastaremos ao redor de 200 euros por persoa neste Black Friday. Dende que chegou a España, as ofertas destas datas conseguiron superar en vendas a xaneiro |A física cuántica pode transformarse en música tal como demostra o investigador Rakhat-Bi, un pianista de Kazaquistán que explora as conexións entre ciencia e creación artística nunha proposta que une vangarda, investigación e virtuosismo

Desconcerto dos traballadores de Sargadelos, que non poden acceder á fábrica, ante o ERTE presentado por sorpresa polo propietario | Arranca hoxe un novo estudo de vacinación, no que están chamadas a participar todas as persoas maiores de 60 anos | Os galegos gastaremos ao redor de 200 euros por persoa neste Black Friday | Rakhat-Bi, coñecido como o Mozart de Kazaquistán. Comparte a sua dedicación a música de vangarda coa ciencia máis avanzada. Ofrece hoxe un concerto en Santiago

Suben as temperaturas, cunha fronte pouco activa que se vai achegando polo noroeste. Deixa ceos cubertos e algunha chuvia feble no litoral pola tarde. Chuvias que se extenderán o sábado e que poden acadar intensidade forte. Precipitacións que serán de neve nas montañas en cotas superiores aos 1.100 metros. E xa o domingo a chuvia irá remitindo

A vieira, un dos produtos estrela das mesas do Nadal, escasea como nunca antes máis na Ría de Arousa. Os científicos do Centro de Investigacións Mariñas e da Confraría de Cambados tratan de averiguar a causa | A conflictividade no sector sanitario con varios paros convocados nas próximas semanas, preocupa a consellería de Sanidade, ante o aumento de incidencia da gripe. Hoxe continúa a folga na atención primaria apoiada pola CIG e o sindicato médico Omega | Simulacro, na Ría de Ferrol, para poñer a proba unha nave non tripulada capaz de enfrontarse e neutralizar unha embarcación con terroristas a bordo. Tecnoloxía elaborada en Navantia dentro dun proxecto europeo para aumentar a soberanía dixital | A película Los Domingos, acapara nove nominacións aos premios Feroz que se entregarán nunha gala o 24 de xaneiro en Pontevedra. Sirat, do galego Oliver Laxe, entre as favoritas, con sete nominacións. En Series destacan Poquita Fe, e Superestar, con seis nominacións cada unha

A vieira, un dos produtos estrela das mesas do Nadal, escasea como nunca nos últimos anos na Ría de Arousa. Un estudo científico intenta averiguar por qué | Continúa a folga do persoal de atención primaria, malia que catro dos sindicatos pactaron melloras co Sergas e desconvocaron os paros. A CIG e o sindicato Omega, que son os maioritarios manteñen a protesta que rematará mañá | O conselleiro de Sanidade amosou a sua preocupación pola conflictividade laboral, nun momento de aumento da demanda asistencial pola vaga de gripe, anque destacou a baixa incidencia ata agora da folga | Xa coñecemos aos nominados aos Premios Feroz, os galardóns que outorga a crítica audiovisual. 'Los Domingos' é a película favorita con 9 nominacións. Entre as series destacan 'Poquita fe' e 'Superestar' con 6 cada unha. Por segundo ano consecutivo estes premios celebraranse en Pontevedra e poderanse seguir en directo por La 2 desta casa e por RTVE Play

A vieira, un dos produtos estrela das mesas do Nadal, escasea como nunca nos últimos anos na Ría de Arousa | A conflictividade no sector sanitario con varios paros convocados nas próximas semanas, preocupa a consellería de Sanidade | Simulacro, na Ría de Ferrol, para poñer a proba unha nave non tripulada capaz de enfrontarse e neutralizar unha embarcación con terroristas a bordo | A película Los Domingos, acapara nove nominacións aos premios Feroz que se entregarán nunha gala o 24 de xaneiro en Pontevedra

Perdemos progresivamente a influencia anticiclónica, con ventos do suroeste que traerán moita humidade á franxa atlántica con orballos na metade oeste e máis claros máis ao leste. As temperaturas máximas apenas chegan os 11 graos en Lugo e ata 16 poderían ter en Vigo

Usuarios de centros de saúde, afectados hoxe pola folga nos servizos de Atención Primaria, convocada pola CIG e o sindicato médico Omega, unha vez que o resto de centrais chegaron a un acordo coa dirección do Sergas. A Xunta rebaixa a incidencia do paro ao 6% | Galicia rexistra unha media de 21 denuncias por violencia de xénero cada día. A gran maioría presentadas polas propias vítimas. Unha avogada da quenda de oficio explícanos cómo as tecnoloxías amplifican o dano provocado polo acoso ou a difusión de imaxes íntimas | O Goberno español confía en conseguir próximamente a extradición dende Cuba de Martiño Ramos, o profesor de Ourense condenado a 13 anos de cárcere por abusos sexuais con prácticas sádicas a unha menor que era alumna súa | O restaurante Vértigo, ubicado en Sober, en plena Ribeira Sacra, a cargo do Chef Rafa Centeno, consegue unha estrela Michelin, a primeira da historia para a hostalaría da provincia de Lugo

Usuarios de centros de saúde, vense hoxe afectados pola folga nos servizos de Atención Primaria. A CIG, central maioritaria, e o sindicato médico Omega, quedan como convocantes, unha vez que o resto de sindicatos chegaron a un acordo coa consellería de Sanidade | En Galicia preséntanse unha media de 21 denuncias por violencia de xenero cada día, case unha por hora. Durante o ano pasado rexistráronse 7.602, segundo o Observatorio do Poder Xudicial, son máis que o ano anterior | Por primeira vez un restaurante da provincia de Lugo acada unha estrela Michelin. Trátase do restaurante Vértigo, situado en Sober, na Ribeira Sacra | Galicia recibíu no mes de setembro 1 millón cen mil turistas, dos que cerca de 300.000 procedían doutros países. Así o indican os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística, a partir do posicionamento de teléfonos móviles

Usuarios de centros de saúde, vense hoxe afectados pola folga nos servizos de Atención Primaria convocada pola CIG, central maioritaria, e o sindicato médico Omega | En Galicia preséntanse unha media de 21 denuncias por violencia de xenero cada día, case unha por hora | Galicia recibíu no mes de setembro 1 millón cen mil turistas, dos que cerca de 300.000 procedían doutros países. Así o indican os datos feitos públicos hoxe polo INE, a partir do posicionamento de teléfonos móbiles | O restaurante Vértigo, ubicado en Sober, en plena Ribeira Sacra, a cargo do Chef Rafa Centeno, consegue unha estrela Michelin

Quedamos xa baixo a influencia anticiclónica, ainda que feble. Néboas matinais en zonas de interior, e ceos parcialmente cubertos en xeral, con posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, máis probable na provincia da Coruña. Temperaturas sen cambios

Xornada de cadeas humanas, lecturas de manifestos, charlas e actividades de concienciación nas escolas. Actos contra a violencia machista que continuarán durante todo do día con manifestacións nas principais cidades. Todo para amosar rexeitamento contra os matratadores, e apoio ás vítimas | A violencia machista adoita ser máis dramática en zonas rurais. As mulleres, mais illadas, moitas veces normalizan o maltrato ou non se atreven a denunciar. Raquel, tras sufrir durante dous anos violencia física e psicolóxica, quixo relatarnos a súa experiencia para animar a outras mulleres | A Xunta presenta unha guía para detectar indicios de violencia de xénero dentro das empresas, unha ferramenta para os resposables da xestión empresarial, pero tamén ó resto dos empregados | A muralla de Lugo cumpre 25 anos como ben patrimonio da humanidade. Nós propoñemos unha viaxe pola historia da muralla a través do arquivo de Televisión Española