O Encontro Internacional de Torneiros da madeira, que se celebra no concello lugués de Xermade, reúne aos mellores especialistas do mundo dun oficio tradicional que ten moito arraigamento en Galicia. O obxectivo é promocionar unha actividade desenvolvida por auténticos artistas da madeira.
A Consellería de Sanidade reforza a protección das persoas maiores e dos nenos na nova campaña da gripe, que comezará o luns 28 de setembro nas residencias de maiores e concluirá o 31 de decembro. As persoas a partir de 65 anos recibirán a vacina de alta carga, que xa se administrou o ano pasado aos maiores de setenta. E o programa piloto de vacinación nos colexios amplíase a 75 centros escolares, vinte máis que o curso anterior.
A Casa Museo de Curros Enríquez, en Celanova, acolle unha mostra do artista Baldomero Moreiras. É un friso de corenta metros de longo fragmentado en táboas que describe un espazo natural idílico como refuxio ante a situación bélica mundial.
Nas nosas rías hai máis de 3.300 bateas de mexillón, sendo a de Arousa a raíña dos polígonos bateeiros. Coñecemos a Jorge, un dos poucos carpinteiros de ribeira que quedan en Galicia. Segue construíndo bateas tal e como lle ensinou seu pai.
Continúan os traballos para conter a vertedura de xurro en Tordoia trala rotura dunha foxa nunha granxa. O Concello de Santiago non descarta que poida chegar ao Tambre e afectar ao punto de captación que abastece a cidade. Mentres, a Conselleira de Medio Ambiente lanza unha mensaxe de tranquilidade.
Un cerebro humano, conservado durante séculos, sen precedentes na Península Ibérica. É unha das sorpresas que están a desvelar as escavacións no convento medieval de Santa Clara, en Pontevedra. Na igrexa, os arqueólogos recuperaron tamén restos óseos de dous menores, zapatos e téxtiles.
O residuo da vendima pode volver á propia viña convertido nun bioestimulante. Terras Gauda leva tres campañas probando este sistema en colaboración coa Universidade de Vigo e os primeiros resultados apuntan a melloras no solo, nas plantas e tamén na uva.
A Aemet confirma que este verán en Galicia foi o máis cálido desde 1961, cando empezaron os rexistros. No seu balance trimestral destaca as altas temperaturas, especialmente en xuño e xullo. Sobre o outono, a súa predición apunta a que será máis húmido do normal.
A suba dos prezos segue sen freo. A inflación aumenta en Galicia nove décimas en agosto ata alcanzar o 4,8 %. O encarecemento dos combustibles e dos transportes están detrás deste ascenso. A nosa comunidade é a segunda na que máis subiu o IPC.
A temporada lírica da Coruña estrea o xoves a ópera Jenufa, de Leos Janácek. Trátase dunha obra atípica e poucas veces representada en máis dun século de historia.
A de mecánico naval está catalogada polo SEPE como unha das ocupacións máis difíciles de cubrir en Galicia. A pesar de ter unha alta taxa de empregabilidade, cada vez son menos os mozos que elixen esta profesión e hai moitas máis ofertas que candidatos.
- Permitirá coñecer como evolucionan as nosas costas e como lles afecta o cambio climático
- De momento teñen 150 mostras, pero esperan chegar ás máis de 3.000 praias da Península
Minuto de silencio este mediodía en Ponteareas en repulsa pola morte violenta dunha muller de 81 anos. Foi presuntamente asasinada polo seu fillo, que coidaba dela e que tiña problemas psiquiátricos. O home confesou o crime e foi detido no hospital tras tentar autolesionarse.
Comenza a comercialización das viaxes do imserso, coa apertura, hoxe, das reservas en Galicia e noutras sete comunidades. Hai 265 mil pensionistas galegos acreditados, que optan a case 65 mil prazas, das 880 mil ofertadas para toda España, repartidas na costa peninsular, as illas e escapadas no interior.
Polémica en Ourense pola corta das árbores que formaban un corredor verde ao pé da vía do tren. Os veciños din que axudaba a paliar as temperaturas extremas do verán. O Adif xustifica a talla para garantir a seguridade ferroviaria.
O proxecto Sensoxenoma cumpre cinco anos convertendo a música en ciencia e anuncia un novo concerto experimental en Santiago dentro de dúas semanas. Os últimos resultados desta investigación, liderada polo IDIS de Santiago, revelan que a estimulación sonora modificaos xenes das persoas con autismo e tamén que a música deixa pegadas medibles nas nosas proteínas.
‘Arte para levar’ é un orixinal proxecto que viaxa estes días pola provincia de Lugo. Nun camión antigo, transportan as obras dunha fotógrafa para que poidan ser admiradas polo público que non ten acceso aos grandes centros da cultura. Estivemos cos creadores da iniciativa.
A etapa universitaria pode pasar factura á saúde mental dos estudantes. Ansiedade, problemas de sono ou sensación de bloqueo son algúns dos síntomas que os levan a pedir axuda profesional. Os campus galegos contan cun servizo de atención psicolóxica e acaban de desenvolver un protocolo común.
O veto ao palangre na UE e a transformación do sector son cuestións que se abordan en Vigo na Conferencia Internacional sobre o futuro da pesca. Os armadores poñen o foco na necesidade de renovar a frota e na suba dos custos provocada polas tensións xeopolíticas.
Volta ao cole nunha escola rural. Na de Xunqueira de Ambía, en Ourense, este curso son 133 alumnos, un máis que o anterior e 89 máis que hai catorce anos. Medra o alumnado, ao contrario do habitual en Galicia.
Os datos de Meteogalicia confirman que este verán e o máis cálido do que se teñen rexistros, cunha anomalía térmica de 2,3 graos e ata 33 xornadas con avisos por calor. A Chuvia na última semana de agosto axudou a equilibrar o déficit hidrolóxico.
En Santiago celébrase estes días a Semana do Patrimonio Invisible, que permite visitar lugares normalmente pechados ao público. As entradas esgótaronse en minutos. Visitamos o pazo arcebispal.
Os roubos ocorridos nas últimas semanas en museos como o de Villena ou Albacete están a causar preocupación na rede museística galega. A Deputación de Lugo pediu á Subdelegación do Goberno que reforce a seguridade na contorna do museo provincial.
Vigo será a terceira cidade galega en aplicar a taxa turística trala Coruña e Santiago. Entrará en vigor a partir do próximo 1 de outubro tras a súa aprobación en pleno. Os prezos irán dende os 80 céntimos aos dous euros por persoa e día, dependendo do tipo de aloxamento.
- En el accidente murieron 80 personas y 143 resultaron heridas
- El tren circuló a 220 km/h por una curva limitada a 80 km/h