Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Desactivada a Situación 2 no incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín | O BNG arremete contra os socialistas por asinar o acordo pola língua co Partido Popular | Susana Rodríguez , xunto á súa guía Sara Perez,acaban de revalidar, por terceiro ano consecutivo, o título como Campioas do Mundo de Paratriatlón | Ribadeo estrea hoxe a última gran obra de Diego As, galardoado como mellor muralista do mundo. E a homenaxe a Manuela Barreiro Pico, a primeira muller galega en cursar estudos universitarios | O festival Síntese regresa esta fin de semana a Vigo, coa Premio Nacional de Danza, a porriñesa Janet Novás como cabeza de cartel. 25-09-2026

Evolución favorable, nas últimas horas, do incendio forestal activo no concello ourensán de Calvos de Randín. Mantense, de todos xeitos, a declaración do nivel dous pola proximidade a un núcleo habitado, no veciño municipio de Baltar | O acordo para permitir que se impartan asignaturas científicas en galego, acadado entre o PP e o PSdeG, provoca malestar no BNG. Os nacionalistas acusan aos socialistas de pactar cos populares a cambio de cargos institucionais. O Consello da Cultura cuestiona que se manteña o reparto ao 50 por cento da docencia entre galego e castelán | Ribadeo estrea hoxe a última gran obra de Diego As, galardoado como mellor muralista do mundo. E a homenaxe a Manuela Barreiro Pico, a primeira muller galega en cursar estudos universitarios, a finais do século XIX | A porriñesa Janet Novas, que acumula premios nas suas facetas de actriz e bailarina, e a encargada de abrir a nova edición do festival Síntese, de danza contemporánea, esta fin de semana, no MARCO, de Vigo. 25-09-2026

Acordo entre Socialistas e Partido Popular para que as asignaturas científicas poidan ser impartidas en galego nos centros educativos que así o decidan | O BNG amósase en contra dese acordo entre socialistas e populares | A illa de San Simón, declarada como Lugar da Memoria democrática, rende homenaxe aos máis de 5.000 presos republicanos que estiveron alí presos entre 1939 e 1943, e dos que uns 500 perderon a vida | O Ano Santo 2027 xa empeza a tomar forma en Santiago. A Catedral presenta o cartel, o lema e as primeiras claves dunha cita que chegará con cambios na apertura da Porta Santa, novos actos e o reto de acoller a milleiros de peregrinos e visitantes | Gran ambiente en Pontevedra, onde se celebra, durante cinco días a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón. Esta mañá arrancou a competición, coas probas xuvenís feminina e masculina, logo do desfile e a ceremonia inaugural que ateigou as rúas da cidade. 24-09-2026

Persiste o aire cálido con ventos de orixe marítimo que deixarán moita humidade na metade oeste. As brétemas costeiras en toda a fachada atlántica fai que descendan as temperaturas sobre nas Rías Baixas con máximas en torno os 24 graos. Máis calor no Miño de Ourense, onde segue a alerta por máximas arredor dos 36 graos. 24-09-2026

Acordo entre Socialistas e Partido Popular para que as asignaturas científicas poidan ser impartidas en galego nos centros educativos que así o decidan | Homenaxe aos máis de 5.000 presos republicanos da Illa de San Simón | A Catedral de Santiago avanza nos preparativos para atender a gran afluencia de peregrinos prevista no Ano Santo 2027 | Máis dun centenar de persoas recibiron en Vigo á flotilla da liberdade, que navegará rumbo á Gaza para denunciar o que consideran un xenocidio | Arrancan en Pontevedra as competicións das Series Mundiais de Triatlon. 24-09-2026

Acordo entre Socialistas e Partido Popular para que as asignaturas científicas poidan ser impartidas en galego nos centros educativos que así o decidan. É o principal cambio que inclúe o pacto entre os dous partidos. Mantense, en todo caso, o equilibro ao 50 por cento de asignaturas en galego e castelán | Na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, Acto de homenaxe, hoxe, aos máis de 5.000 presos que ocuparon a colonia penitenciaria instalada nos primeiros anos do franquismo, no que agora está declarado Lugar da Memoria Democrática | A Catedral de Santiago avanza nos preparativos para atender a gran afluencia de peregrinos prevista no Ano Santo 2027. Entre as novidades, a porta Santa abrirase ao mediodía. Tamén Contará con himno oficial haberá unha peregrinación europea de Mozos | Arrancan en Pontevedra as competicións das Series Mundiais de Triatlon. Máis de 5.000 atletas participan ao longo de cinco días nun evento cque conta co maior dispositivo de seguridade despregado ata agora na cidade, incluídos sistemas antidróns. 24-09-2026

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia estima que esta campaña recolleranse unhas 25.700 toneladas de tubérculos certificados, un vinte por cento menos que na anterior. Case un setenta por cento son kennebec, da variedade de máis calidade que se cultiva, sobre todo, na comarca da Limia, en Ourense.

A Audiencia Nacional condena a 17 anos de prisión o narcotraficante galego José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco, pola operación Mito, coa que pretendía introducir en Europa, en 2017, case catro toneladas de cocaína | O presidente da Xunta carga contra as zonas tensionadas e o BNG acúsao de defender a especulación inmobiliaria namentras os socialistas culpan á Xunta de discriminación territorial por favorecer a concellos gobernados polo PP | A vertedura de xurro de Tordoia xa chegou ó río Tambre. Os técnicos confían en que non sexa necesario que o peche da potabilizadora de Santiago | O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia estima que esta campaña recolleranse unhas 25.700 toneladas de tubérculos certificados, un dez por cento menos que na anterior | Achegar a música a públicos máis diversos. É a aposta do Festival Maré, que comeza hoxe unha nova edición en Santiago, con artistas de máis de 16 países e unha ducia de linguas sobre os escenarios. 23-09-2026

Primeiro día do outono, e segue a masa de aire cálido que deixou temperaturas de récord nos últimos días, ainda que a partir de hoxe empezan a descender, de xeito máis notable no extremo norte. As máximas, entre os 24 graos da Coruña e os 36 de Ourense nun día de ceos despexados con algunhas brétemas costeiras ao fina do día. 23-09-2026

A Audiencia Nacional condena a 17 anos de prisión a Sito Miñanco, pola operación Mito | Rueda carga contra as zonas tensionadas e o BNG acúsao de defender a especulación inmobiliaria na Sesión de Control | A vertedura de xurro procedente dunha granxa de Tordoia chega ao Río Tambre. Os técnicos tratan de evitar que afecte ao abastecemento da cidade de Santiago | O Consello Regulador da Pataca de Galicia estima unha colleita de 26 millóns de quilos, un 10 por cento menos que a anterior | Comenza en Santiago unha nova edición do Festival Maré, que converte á cidade en punto de encontro de culturas, linguas e diferentes expresións musicais. 23-09-2026

Unha colleita de preto de 26 millóns de quilos de pataca. É a estimación do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida para a campaña que está en marcha na comarca ourensá da Limia. Unha colleita, un dez por cento menor ca do ano pasado | Enfrontamento entre Ana Pontón e Alfonso Rueda, sobre a política de vivenda. Na sesión de control do parlamento, o presidente da Xunta arremeteu contra a declaración de zonas tensionadas, mentres a dirixente nacionalista acusouno de defender a especulación | A vertedura de xurro procedente dunha granxa de Tordoia chega ao Río Tambre. Os técnicos instalan unha contención especial para tratar de frear o avance, e evitar que chegue á captación do abastecemento da cidade de Santiago | Comenza en Santiago unha nova edición do Festival Maré, que converte á cidade en punto de encontro de culturas, linguas e diferentes expresións musicais con máis de 16 países representados. 23-09-2026

O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición ‘Lodeiro. Obra Gráfica’. Un percorrido pola traxectoria de Xosé Telmo Lodeiro, un dos renovadores da pintura galega contemporánea cunha obra marcada pola cor e a xeometría e coa que pretendía espallar o pensamento crítico na sociedade.

A escaseza de chuvias fai que as explotacións leiteiras recollan menos forraxes para a alimentación das vacas e que os teñan que comprar, co encarecemento dos custos de produción. A Unión de Produtores de Leite pon en marcha un sistema de compra colectiva de forraxes coa axuda da intelixencia artificial.

As previsións apuntan a que onde máis van subir os termómetros vai ser na cidade de Ourense. Alí agárdase que a media tarde se rexistre a temperatura máxima de toda España | As condicións meteorolóxicas supoñen un risco extremo de incendios. O máis importante arestora o declarado no concello coruñés de Porto do Son, onde se levan calcinado unhas 45 hectáreas | A lei de Educación Dixital continúa o seu trámite parlamentario tras ser rexeitadas as enmendas presentadas pola oposición. Busca regular o uso das pantallas, telefónos mobiles e a intelixencia artifical nas aulas. Socialistas e nacionalistas acusan de falta de consenso coa comunidade educativa | A Unión de produtores de leite pon en marcha un sistema de compra colectiva de forraxes coa axuda da intelixencia artificial para prever con antelacion as necesidades e o mellor momento de comprar | En Galicia diagnostícanse cada ano mais de 17.000 novos casos de cancro. Pacientes, voluntarios e investigadores saen á rúa para visibilizar cómo os avances científicos están a mellorar a supervivencia e a calidade de vida. 22-09-2026

Continuan activas varias alertas por temperaturas que de novo superarán amplamente os 30 graos, con entrada de aire cálido. Ceos despexados agás na Mariña onde haberá nubes de estancamento e posibilidade de brétemas costeiras nas Rías Baixas ao final do día. 22-09-2026