Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Toda Galicia en alerta esta tarde por chuvias que poden descargar ata 30 litros por metro cadrado nunha hora. O aviso é de nivel laranxa en boa parte de Lugo e o interior da provincia da Coruña, o que implica a suspensión de actividades escolares no exterior| A acampada pola vivenda na Praza do Obradoiro segue medrando, con máis dun cento de tendas. Tras unha nova asemblea, deciden apoiar a folga xeral | Vigo volve convérterse no centro de negocios mundial do peixe conxelado. Hoxe arranca no Ifevi Conxemar, a feira que reúne todo o sector, con máis de 800 expositores e coa presenza de dez das maiores compañías pesqueiras do mundo | Hoxe é o Día Mundial da Parálise cerebral, unha discapacidade permanente que afecta en Galicia a arredor de cinco mil persoas. 06-10-2026

Unha DINA achégase a Galicia que deixaa toda a comunidade en alerta por chuvias que poden descargar ata 30 litros por metro cadrado nunha hora. Especialmente pola tarde, chuvascos que virán acompañados de sarabia e aparato eléctrico. 06-10-2026

A CIG convoca unha folga xeral para a primeira semana de novembro, pola suba de prezos e a falta de medidas dos gobernos, din, para garantir unha vivenda digna | Toda Galicia en alerta esta tarde por chuvias que poden descargar ata 30 litros por metro cadrado nunha hora | Paro total nos centros educativos concertados, pola folga para reclamar homologación salarial cos docentes do ensino público, | En Vigo, nova edición de Conxemar, na que empresas de 47 países abordan os retos para adpatarse aos cambios nos hábitos de consumo | Unhas 5.000 persoas, afectadas actualmente en Galicia por Parálise Cerebral, unha discapacidade permanente da que se celebra o Día Mundial. 06-10-2026

Paro total nos centros educativos concertados, pola folga de profesores. Un conflicto que afecta a máis de 7.000 profesionais, que atenden ao 30 por cento do alumnado galego. Reclaman a homologación Salarial cos docentes do Ensino Público e melloras na xubilación parcial | En Vigo abre as suas portas unha nova edición de Conxemar, a feira internacional de produtos do mar conxelados na que participan máis de 800 empresas de 47 países. Abordan os retos da transformación industrial para adpatarse aos cambios nos hábitos de consumo | Unhas 5.000 persoas, afectadas actualmente en Galicia por Parálise Cerebral, unha discapacidade permanente da que se celebra o Día Mundial. As familias dos afectados reclaman a implicación nos coidados das institucións e de toda a sociedade | Hoxe falamos no Telexornal da Faba de Lourenzá, un produto que conta con indicación xeográfica protexida, Apropiada para todo tipo de elaboracións gastronómicas en calquera época do ano. 06-10-2026

En Lourenzá o cultivo da faba dá traballo a moitas familias.

Logo de seleccionar as mellores, os agricultores lévannas ás cooperativas. Un proceso meticuloso para que a calidade do producto sexa sempre excelente.

As fabas, que están baixo indicación xeográfica protexida, serven para centos de pratos que se poden degustar en calquera época do ano.

A convocatoria das eleccións xerais anticipada por Pedro Sánchez ao 29 de novembro, e acollida como unha boa nova por todas as forzas parlamentarias galegas | A convocatoria das eleccións chega tralo rexeitamento aos decretos do Goberno sobre o alugueiro no Congreso dos Deputados. Na praza do Obradoiro, en Santiago, continúa a acampada que reclama vivenda digna e gratuita para todos | No día da Arquitectura, os profesionais reclaman movilizar as mais de 90.000 casas baleiras en Galicia, e a ampliacion do parque de vivenda social | Protesta diante da delegación da Xunta na Coruña. As nais e pais do Instituto Menéndez Pidal, en Zalaeta, esixen respostas e informes sobre a presenza de 500 metros cadrados de amianto | A Confederación Hidrográfica Miño-Sil defende a súa actuación no cumprimento da sentenza do Supremo que obriga a tomar medidas ante a contaminación por nitratos do encoro das Conchas, en Ourense, debido as explotacións de gandeiría intensiva | Lugo celebra as festas do San Froilán, ata o día 12. Hoxe día grande, con moitas actividades nas rúas, e a ofrenda da corporacion municipal a San Froilán, na Catedral. 05-10-2026

Pola tarde medran nubes de evolución no leste e sur, con posibilidade de chuvascos, localmente treboentos nas zonas altas do sueste de Ourense. Treboadas que se poden repetir nas tardes do sábado e o domingo. As temperaturas soben. As máximas oscilarán hoxe entre os 23 graos previstos en lugo e os 27 das Rías Baixas

Catro traballadores feridos, dous deles de gravidade, nunha explosión nunha canteira no Porriño. Aínda que a Garda Civil investiga o ocurrido, os primeiros indicios apuntan a que os explosivos detonaron antes do previsto durante unha voadura controlada | A protesta pola vivenda na praza do Obradoiro continúa. Os acampados chaman á mobilización logo de que o Congreso tumbara os decretos aprobados polo goberno tralo desafiuzamento de Maricarmen en Madrid | O PP cree que Sánchez non está en condicións de gobernar polo que celebrarían que se convoquen eleccións. O BNG pola súa banda asegura estar preparado para afrontar as urnas | En setembro subiu o paro en Galicia un 2,5% con respecto ao mes anterior. O dato de afiliados tamén é negativo con 6.516 menos. Unha cifra que contrasta coa do conxunto de España onde si aumentaron as afilicións á Seguridade Social | O Grove celebra unha nova edición da Festa do Marisco. Unha cita que volve poñer en valor os produtos da ría e que agarda atraer milleiros de visitantes. 02-10-2026

No día internacional das persoas maiores, os sindicatos Comisións Obreiras e UGT saíron á rúa para esixir políticas que teñan en conta este colectivo e as súas necesidades. Tamén entregaron un manifesto no Parlamento, onde foron atendidos polos grupos da oposición.

Un grupo de persoas acampan dende a pasada noite en plena praza do Obradoiro, en Santiago, seguindo o exemplo da Porta do Sol, en Madrid, e outras cidades, a raíz do caso Maricarmen, para presionar a favor de medidas para facer máis accesibles os alugueiros.

Chegada das primeiras personalidades ao Foro Internacional Vínculo Atlántico que se celebra na Illa da Toxa, e que está a piques de comenzar a sesión inaugural | Un grupo de persoas acampan dende a pasada noite na praza do Obradoiro, en Santiago, seguindo o exemplo da Porta do Sol, en Madrid, e outras cidades, a raiz do caso Maricarmen, para presionar a favor de medidas para facer máis accesibles os alugueiros | Hoxe, no Día Internacional das persoas maiores, os sindicatos comisións obreiras e UGT saíron á rúa para esixir políticas que teñan en conta este colectivo e as súas necesidades | Andrés do Barro, unha estrela da música a principios dos anos 70 que acadou ata 4 números 1 nas listas de éxitos supervendas. En pleno franquismo e cantando en galego. Toda unha proeza que ata momento ninguén superou. 01-10-2026

Recupérase a influencia anticiclónica co que se abren grandes claros, con máis nubes no terzo norte. As temperaturas máximas, máis altas ca en días pasados sobre todo na metade sur. Oscilarán entre os 20 graos no norte e os 24 nas Rías Baixas e Ourense. 01-10-2026

Ducias de activistas pola vivenda acampan en plena Praza do Obradoiro | A Conselleira de Vivenda tila os reais decretos que mañá se votarán no Congreso de mediáticos e populistas | Visita de Pedro Sánchez a Vigo e O Grove, antes de participar na inauguración do Foro da illa da Toxa | No día internacional das persoas maiores, reivindicación na rúa da blindaxe das pensións e de máis prazas nas residencias | O museo Guggenheim de Bilbao acaba de recibir ao seu visitante 30 millóns. Trátase dunha parella de Vigo, agasallados cunha viaxe a Venecia | Hoxe cumpriría 79 anos Andrés do Barro, o cantante ferrolán que a principios dos 70 conseguiu catro números un nas listas de éxito con cancións en galego. 01-10-2026

A protesta pola vivenda chega á praza do Obradoiro, cunha acampada, din, indefinida. Ducias de activistas reclaman así medidas para facer máis accesibles os alugueiros. Fan un chamamento aos veciños de Santiago a que se sumen e colaboren na movilización | Pedro Sánchez visita hoxe Galicia. Será un dos participantes no Foro Internacional que se inagura esta tarde na Illa da Toxa. Previamente, Sánchez visitou unha empresa aeronáutica en Vigo e outra que importa vivendas cápsula chinesas no Grove | No Día Internacional das persoas maiores, reivindicación, nas rúas, de políticas para blindar as pensións e máis prazas públicas nas residencias. Preocupa a soidade non desexada e o idadismo | Hoxe cumpriría 79 anos Andrés do Barro, o cantante ferrolán que a principios dos 70 conseguiu catro números un nas listas de éxito con cancións en galego. Aumentan as voces que reclaman que se recoñeza dedicándolle un día das Letras Galega. 01-10-2026

O cantante ferrolán Andrés do Barro foi a primeira estrela do pop en galego.A principios dos anos 70 conseguiu catro números un nas listas de éxitos supervendas. O chamativo é o que conseguiu en pleno franquismo e cantando en galego. Toda unha proeza que ata momento ninguén superou.

Aumentan un 17 % as listas de agarda para operarse nos hospitais galegos e o tempo de espera media chega a 89 días, 20 máis que o ano pasado. Así o recoñece o Sergas no Balance de actividade do último ano, no que a espera media para as consultas externas pasa de 57 días a 70. Os responsables sanitarios atribúen boa parte da caída da actividade asistencial ás folgas contra a reforma do estatuto marco.

As listas de agarda aumentan un 17 por cento. Hai máis pacientes pendentes dunha consulta ou dunha operación e tamén aumentan os tempos de demora. Sanidade relaciona parte deste deterioro coa caída da actividade provocada polas folgas | Os prezos da vivenda subiron en Galicia un 19´8 por cento no último ano. Galicia foi a terceira comunidade onde máis creceron os prezo | O incendio de Oimbra do verán pasado foi un dos peores da historia de Galicia, con cerca de 24.000 hetareas calcinadas. Un lume extendeuse a outros nove concellos, entre eles o de Monterrei, onde quedou arrasado o 74 por cento da superficie forestal. Por iso é unha das zonas que escolleu o goberno para reforestar | Vigo é o escenario estes días dos exercicios da Direccion Xeral da Mariña Mercante. Simulacros nos que se adestran para saber como actuar ante unha emerxencia. Esta mañá a práctica consistiu nun incendio dun buque que transporta vehiculos electricos. 30-09-2026

Xornada de transición cara ás altas presións, que se irán achegando a partir do xoves, pero con vento de compoñente marítimo. Ceos alternando as nubes cos claros e chuvascos máis probables e intensos pola tarde e nas provincias atlánticas, remitindo cara ó final do día. As temperaturas sufren un lixeiro a moderado descenso. 30-09-2026