Acampada pola vivenda na Praza do Obradoiro | Pedro Sánchez no Foro da Illa da Toxa | Día das persoas maiores | Lembrando a Andrés do Barro
01/10/2026 00:25:01A protesta pola vivenda chega á praza do Obradoiro, cunha acampada, din, indefinida. Ducias de activistas reclaman así medidas para facer máis accesibles os alugueiros. Fan un chamamento aos veciños de Santiago a que se sumen e colaboren na movilización | Pedro Sánchez visita hoxe Galicia. Será un dos participantes no Foro Internacional que se inagura esta tarde na Illa da Toxa. Previamente, Sánchez visitou unha empresa aeronáutica en Vigo e outra que importa vivendas cápsula chinesas no Grove | No Día Internacional das persoas maiores, reivindicación, nas rúas, de políticas para blindar as pensións e máis prazas públicas nas residencias. Preocupa a soidade non desexada e o idadismo | Hoxe cumpriría 79 anos Andrés do Barro, o cantante ferrolán que a principios dos 70 conseguiu catro números un nas listas de éxito con cancións en galego. Aumentan as voces que reclaman que se recoñeza dedicándolle un día das Letras Galega. 01-10-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado