As listas de agarda do Sergas aumentan un 17% | A vivenda sube en Galicia un 19´8% | Recuperación de superficie forestal queimada, en Monterrei
30/09/2026 00:10:01As listas de agarda aumentan un 17 por cento. Hai máis pacientes pendentes dunha consulta ou dunha operación e tamén aumentan os tempos de demora. Sanidade relaciona parte deste deterioro coa caída da actividade provocada polas folgas | Os prezos da vivenda subiron en Galicia un 19´8 por cento no último ano. Galicia foi a terceira comunidade onde máis creceron os prezo | O incendio de Oimbra do verán pasado foi un dos peores da historia de Galicia, con cerca de 24.000 hetareas calcinadas. Un lume extendeuse a outros nove concellos, entre eles o de Monterrei, onde quedou arrasado o 74 por cento da superficie forestal. Por iso é unha das zonas que escolleu o goberno para reforestar | Vigo é o escenario estes días dos exercicios da Direccion Xeral da Mariña Mercante. Simulacros nos que se adestran para saber como actuar ante unha emerxencia. Esta mañá a práctica consistiu nun incendio dun buque que transporta vehiculos electricos. 30-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado