Todolos partidos, satisfeitos co adianto electoral | Segue a acampada pola vivenda no Obradoiro | Os arquitectos piden mobilizar 90.000 casas baleiras
05/10/2026 00:10:00A convocatoria das eleccións xerais anticipada por Pedro Sánchez ao 29 de novembro, e acollida como unha boa nova por todas as forzas parlamentarias galegas | A convocatoria das eleccións chega tralo rexeitamento aos decretos do Goberno sobre o alugueiro no Congreso dos Deputados. Na praza do Obradoiro, en Santiago, continúa a acampada que reclama vivenda digna e gratuita para todos | No día da Arquitectura, os profesionais reclaman movilizar as mais de 90.000 casas baleiras en Galicia, e a ampliacion do parque de vivenda social | Protesta diante da delegación da Xunta na Coruña. As nais e pais do Instituto Menéndez Pidal, en Zalaeta, esixen respostas e informes sobre a presenza de 500 metros cadrados de amianto | A Confederación Hidrográfica Miño-Sil defende a súa actuación no cumprimento da sentenza do Supremo que obriga a tomar medidas ante a contaminación por nitratos do encoro das Conchas, en Ourense, debido as explotacións de gandeiría intensiva | Lugo celebra as festas do San Froilán, ata o día 12. Hoxe día grande, con moitas actividades nas rúas, e a ofrenda da corporacion municipal a San Froilán, na Catedral. 05-10-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado