Toda Galicia en alerta por chuvias intensas | Paro total no ensino concertado pola folga | Abre Conxemar a feira internacional do peixe conxelado.
06/10/2026 00:10:01Toda Galicia en alerta esta tarde por chuvias que poden descargar ata 30 litros por metro cadrado nunha hora. O aviso é de nivel laranxa en boa parte de Lugo e o interior da provincia da Coruña, o que implica a suspensión de actividades escolares no exterior| A acampada pola vivenda na Praza do Obradoiro segue medrando, con máis dun cento de tendas. Tras unha nova asemblea, deciden apoiar a folga xeral | Vigo volve convérterse no centro de negocios mundial do peixe conxelado. Hoxe arranca no Ifevi Conxemar, a feira que reúne todo o sector, con máis de 800 expositores e coa presenza de dez das maiores compañías pesqueiras do mundo | Hoxe é o Día Mundial da Parálise cerebral, unha discapacidade permanente que afecta en Galicia a arredor de cinco mil persoas. 06-10-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado