Catro feridos, dous deles graves, na explosión nunha canteira no Porriño | Sube o paro e baixan as afiliacións en setembro | Festa do Marisco, no...
02/10/2026 00:09:53Catro traballadores feridos, dous deles de gravidade, nunha explosión nunha canteira no Porriño. Aínda que a Garda Civil investiga o ocurrido, os primeiros indicios apuntan a que os explosivos detonaron antes do previsto durante unha voadura controlada | A protesta pola vivenda na praza do Obradoiro continúa. Os acampados chaman á mobilización logo de que o Congreso tumbara os decretos aprobados polo goberno tralo desafiuzamento de Maricarmen en Madrid | O PP cree que Sánchez non está en condicións de gobernar polo que celebrarían que se convoquen eleccións. O BNG pola súa banda asegura estar preparado para afrontar as urnas | En setembro subiu o paro en Galicia un 2,5% con respecto ao mes anterior. O dato de afiliados tamén é negativo con 6.516 menos. Unha cifra que contrasta coa do conxunto de España onde si aumentaron as afilicións á Seguridade Social | O Grove celebra unha nova edición da Festa do Marisco. Unha cita que volve poñer en valor os produtos da ría e que agarda atraer milleiros de visitantes. 02-10-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad