Iago Aspas, na campaña do mexillón galego | Sigue adiante a Lei de Educación Dixital | Visibilidade para os avances na investigación do cancro
22/09/2026 00:09:56As previsións apuntan a que onde máis van subir os termómetros vai ser na cidade de Ourense. Alí agárdase que a media tarde se rexistre a temperatura máxima de toda España | As condicións meteorolóxicas supoñen un risco extremo de incendios. O máis importante arestora o declarado no concello coruñés de Porto do Son, onde se levan calcinado unhas 45 hectáreas | A lei de Educación Dixital continúa o seu trámite parlamentario tras ser rexeitadas as enmendas presentadas pola oposición. Busca regular o uso das pantallas, telefónos mobiles e a intelixencia artifical nas aulas. Socialistas e nacionalistas acusan de falta de consenso coa comunidade educativa | A Unión de produtores de leite pon en marcha un sistema de compra colectiva de forraxes coa axuda da intelixencia artificial para prever con antelacion as necesidades e o mellor momento de comprar | En Galicia diagnostícanse cada ano mais de 17.000 novos casos de cancro. Pacientes, voluntarios e investigadores saen á rúa para visibilizar cómo os avances científicos están a mellorar a supervivencia e a calidade de vida. 22-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado