Incendio con nivel 2 de perigo en Calvos de Randín | O BNG arremete contra os socialistas polo pacto co PP | Janet Novas, no Festival Síntese, en Vigo
25/09/2026 00:25:00Evolución favorable, nas últimas horas, do incendio forestal activo no concello ourensán de Calvos de Randín. Mantense, de todos xeitos, a declaración do nivel dous pola proximidade a un núcleo habitado, no veciño municipio de Baltar | O acordo para permitir que se impartan asignaturas científicas en galego, acadado entre o PP e o PSdeG, provoca malestar no BNG. Os nacionalistas acusan aos socialistas de pactar cos populares a cambio de cargos institucionais. O Consello da Cultura cuestiona que se manteña o reparto ao 50 por cento da docencia entre galego e castelán | Ribadeo estrea hoxe a última gran obra de Diego As, galardoado como mellor muralista do mundo. E a homenaxe a Manuela Barreiro Pico, a primeira muller galega en cursar estudos universitarios, a finais do século XIX | A porriñesa Janet Novas, que acumula premios nas suas facetas de actriz e bailarina, e a encargada de abrir a nova edición do festival Síntese, de danza contemporánea, esta fin de semana, no MARCO, de Vigo. 25-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado