gal tx2
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 23-09-2026

A AN condena a Sito Miñanco a 17 anos de prisión | A vertedura de xurro chega ao río Tambre |A diversidade cultural , no Festival Maré, en Santiago

23/09/2026 00:10:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 23-09-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 23-09-2026
Telexornal Galicia 2 23-09-2026 00:10:01 23/09/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

A Audiencia Nacional condena a 17 anos de prisión o narcotraficante galego José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco, pola operación Mito, coa que pretendía introducir en Europa, en 2017, case catro toneladas de cocaína | O presidente da Xunta carga contra as zonas tensionadas e o BNG acúsao de defender a especulación inmobiliaria namentras os socialistas culpan á Xunta de discriminación territorial por favorecer a concellos gobernados polo PP | A vertedura de xurro de Tordoia xa chegou ó río Tambre. Os técnicos confían en que non sexa necesario que o peche da potabilizadora de Santiago | O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia estima que esta campaña recolleranse unhas 25.700 toneladas de tubérculos certificados, un dez por cento menos que na anterior | Achegar a música a públicos máis diversos. É a aposta do Festival Maré, que comeza hoxe unha nova edición en Santiago, con artistas de máis de 16 países e unha ducia de linguas sobre os escenarios. 23-09-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado